35 anos a navegar cada vez máis só
Esta semana cumpríronse 35 anos do lanzamento da nave Voyager 1, que continúa o seu camiño cara as fronteiras do Sistema Solar convertido no obxecto humano que máis se afastou da Terra.
Esta semana cumpríronse 35 anos do lanzamento da nave Voyager 1, que continúa o seu camiño cara as fronteiras do Sistema Solar convertido no obxecto humano que máis se afastou da Terra.
Estudantes e sindicatos mobilízanse contra os recortes e a favor do ensino público no acto de inicio oficial do curso na Coruña, onde si estivo o conselleiro Jesús Vázquez, que aproveitou para anunciar un programa de bolsas. Vídeo no interior.
O Grupo de Termofísica da Universidade de Vigo organizou unha homenaxe en Ourense ao científico monfortino, o primeiro que empregou o éter ou o cloroformo en España, en 1847. Moi preocupado polo ensino e a formación científica, editou manuais de química pioneiros.
Profesorado, estudantes e PAS advirten do comezo dun curso universitario, que mañá se inagura na Coruña, "duro e desestabilizador" por mor dos numerosos recortes aos que se enfronta a comunidade e que, denuncian, pretende "a elitización económica" do acceso á ensinanza superior.
Segundo o estudo, publicado este xoves, só a heroína, o crack e a metanfetamina superan os prexuízos causados pola bebida, da que se destaca sobre todo o seu dano social. Na investigación 300 expertos escoceses analizaron os efectos de 19 substancias.
Un estudo realizado por investigadores cataláns comproba que a pesca de arrastre altera o relevo do leito mariño e compara esta transformación coa que provocan os campos de cultivo da natureza.
Portais como Proyecta, que se presentará o 10 de setembro, ofrecen materiais e recursos online para os e as docentes. Outros, como botons.eu, diríxense a toda a comunidade educativa, pero moi especialmente aos pais e nais.
Os StartUp Games recoñeceron 16 proxectos entre 500 aspirantes de todo o planeta, entre eles o Intellixente dos galegos, pensada para servizos de atención ao cliente en redes sociais.
CIG e CCOO denuncian que os colexios galegos contarán cun milleiro de docentes menos, aulas máis masificadas, carencia de especialistas ou desatención á diversidade, o que consideran unha "precarización" do ensino público provocada pola "clara intención ideolóxica" da Xunta do PP.
Un congreso reúne na Universidade de Santiago de Compostela a expertos en robótica para buscar formas de poñer os seus inventos ao servizo da cidadanía.
As urbes galegas amosan cifras de acceso e uso de Internet semellantes á media española, pero as zonas rurais seguen lonxe da converxencia. O mesmo pasa por idades: os galegos menores de 44 anos conéctanse á rede máis que no resto do Estado, pero por riba desa idade o uso de Internet é moi inferior en Galicia.
Un blog publica consellos para mudar a lingua do navegador, importante para potenciar as versións en galego de webs multilingües, as procuras da galipedia ou as descargas de programas na súa versión galega.