
Espolian catro xacementos arqueolóxicos na Mariña
A Asociación Mariña Patrimonio denuncia roubos de pedras e destrución de muros nos castros do Carreiro e Fazouro e nos xacementos da Pampillosa e de Estabañón. "Actuaron antes os espoliadores que a Xunta, responsable da conservación e protección do patrimonio tal e como recolle a lei", din