Comeza a carreira electoral na USC: catro candidatas para un Reitorado
O vindeiro xoves 12 de febreiro a comunidade universitaria poderá elixir entre catro catedráticas para ocupar o posto de reitora: Rosa Crujeiras, Maite Flores, María José López Couso e Alba Nogueira. Será a primeira vez nos máis de 500 anos de historia da USC que unha muller se poña á fronte da institución. O estudantado poderá votar de forma telemática.