A edición 2026 do Festival Maré - Músicas e Artes Atlánticas terá lugar do 23 ao 27 de setembro en Compostela, nunha cita que reúne máis de 30 concertos, con artistas de 16 países e presenza de 12 linguas diferentes
A edición 2026 do Festival Maré - Músicas e Artes Atlánticas terá lugar do 23 ao 27 de setembro en Compostela, nunha cita que reúne máis de 30 concertos, con artistas de 16 países e presenza de 12 linguas diferentes. Serán cinco días de concertos, encontros e experiencias semeadas polos espazos máis emblemáticos da cidade, estendéndose por prazas, salas de concertos, teatros e centros socioculturais co obxectivo de "integrar a programación ao ritmo da cidade, facer da cultura un dereito accesible e crear comunidade".
No Maré conflúen proxectos de raíz que cruzan fronteiras, xéneros e linguas nun diálogo aberto coa lusofonía, a diáspora cubana, África ou Asia. O arranque oficial será o mércores 23 de setembro co concerto inaugural de Magalí Sare xunto ao coro de cámara compostelán Vox Stellae no Teatro Principal, unha colaboración única para presentar o novo disco de Magalí e continuará co concerto do grupo colombiano de rock alternativo Aterciopelados, na Sala Capitol.
O arranque oficial será o mércores 23 de setembro co concerto inaugural de Magalí Sare xunto ao coro de cámara compostelán Vox Stellae no Teatro Principal, unha colaboración única para presentar o novo disco de Magalí e continuará co concerto do grupo colombiano de rock alternativo Aterciopelados, na Sala Capitol
O Teatro Principal, a Sala Capitol, o Auditorio de Galicia, a Praza de Mazarelos, a Sala Riquela, o Centro Sociocultural Maruxa e Coralia, a Casa das Crechas, a Casa das Máquinas e a Igrexa da Universidade, entre outros pendentes por confirmar, son os espazos nos que se desenvolverán as actividades do festival. Maré busca ser así "resistencia fronte a un panorama musical dominado polos grandes recintos que aglutinan a programación nun único espazo masificado".
O Teatro Principal acollerá os concertos de Haydée Milanés e Javier Colina, co seu proxecto conxunto “A mi manera”, no que reinterpretan grandes cancións da música cubana; a presentación do novo disco de Marcos Coll, “Ronsel”; e o paso de Ala.ni por Galicia, cantante británica que deleitará co seu jazz intimista.
Na Sala Capitol terán lugar os concertos da brasileira Bia Ferreira, de Zeltia Irevire, do músico sirio Omar Souleyman e os espectáculos de produción exclusiva para o festival “Cuba canta en Maré” e “De Zemambiquo a Zigala”, na que Cheny Wa Gune e A Pedreira renderán unha enérxica e salvaxe homenaxe a Narf
Doutra banda, na Sala Capitol terán lugar os concertos da brasileira Bia Ferreira co seu aclamado álbum “Améfrica”, á que Zeltia Irevire lle abrirá o paso co seu tribal folk; do músico sirio Omar Souleyman co seu magnético dabke electrónico; e os espectáculos de produción exclusiva para o festival “Cuba canta en Maré”, unha celebración á música cubana e a súa diáspora en Galicia e “De Zemambiquo a Zigala”, na que Cheny Wa Gune e A Pedreira renderán unha enérxica e salvaxe homenaxe a Narf como peche da sétima edición do festival.
No Riquela, soarán o groove e o batuque da man de Arapucagongon e a música popular brasileira con Josyara. Así mesmo, A Casa das Crechas será punto de encontro do jazz con David Regueiro Trío feat. Thomas Kretzschmar ou Sumrrá.
As propostas máis íntimas terán lugar na Igrexa da Universidade
As propostas máis íntimas terán lugar na Igrexa da Universidade, como no caso da música de raíz de Faia; a presentación do novo disco dos inclasificables Trilitrate; do jazz dos irmáns franceses Camille & Matthieu Saglio; e o concerto de produción propia “O Bosque Negro”, con Alejando Vargas e Gino Sitson, que nos transporta ao concepto dunha misa negra entre África e Cuba. Sen esquecer a presentación do novo disco do músico portugués, António Zambujo, “Oraçao ao tempo”, no Auditorio de Galicia.
Programación de balde
O Maré defende "a cultura como dereito" e ofrece numerosas actividades gratuítas como o Maré Miúdo, a Marexada Percuta, os Versos na Maré, o mercado de artesanía, obradoiros ou programación musical
O Maré defende "a cultura como dereito" e ofrece numerosas actividades gratuítas como o Maré Miúdo, a Marexada Percuta, os Versos na Maré, o mercado de artesanía, obradoiros ou programación musical. É o caso dos concertos no CSC Maruxa e Coralia, no que desfrutar do folk de autor de Las nietas del Charli, do jazz experimental de Gloria Pavía e Rafa Morales ou do flamenco de María Marín.
Tamén dos concertos da Praza de Mazarelos, coa reinterpretación da música tradicional galega de Lideira, a cántabra de Casapalma, a escocesa de Shooglegigs, a portuguesa de Expresso Transatlântico, o electro afro de Indus, o afro rock de Jupiter & Okwess e a electrónica de Djiiva DJ Set; e das sesión DJ na Casa das Crechas polas noites con Martín Bruhn, Daasanach, DJ Mil ou Péter Sélek.
Na web oficial do festival, mare.gal, pódense mercar entradas e consultar a programación completa.