Barriga Verde foi o títere máis coñecido en Galicia durante o século XX. A familia Silvent levouno por feiras e festas de todo o país entre os anos 10 e os anos 60 do pasado século en espectáculos que deixaron na memoria de varias xeracións expresións como “Morreu o Demo, acabouse a peseta"
Barriga Verde foi o títere máis coñecido en Galicia durante o século XX. A familia Silvent levouno por feiras e festas de todo o país entre os anos 10 e os anos 60 do pasado século en espectáculos que deixaron na memoria de varias xeracións expresións como “Morreu o Demo, acabouse a peseta". As representacións, ademais da crítica ao poder que seguiu a introducir en plena ditadura, contribuíron a manter viva a lingua galega, ao empregala de forma natural cando a súa presenta en eventos públicos e representacións escénicas estaba moi limitada e controlada.
Este sábado 26 de abril a Casa da Cultura de Lérez, parroquia pontevedresa na que viviu a familia Silvent, acollerá unha homenaxe a José Silvent, iniciador da tradición, finado en 1970. O acto está organizado pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, en colaboración coa Asociación Cedofeita, o Concello de Pontevedra, a Deputación Provincial e a Xunta, e a participación da Asociación Cultural Morreu o Demo.
As representacións, ademais da crítica ao poder que seguiu a introducir en plena ditadura, contribuíron a manter viva a lingua galega, ao empregala de forma natural cando a súa presenta en eventos públicos e representacións escénicas estaba moi limitada e controlada.
Na homenaxe, un "acto de restauración da memoria lingüística", mudarase ademais a lápida da tumba de José Silvent e da súa dona no cemiterio de Lérez por unha escrita en galego, na que se poderá ler: "Aquí xacen na súa paz Emerenciana Fernández Gómez e José Silvent, o mítico Barriga Verde, que levaron o seu espectáculo de monicreques feito en galego pola Galicia do século XX. Honras para eles!".
Así mesmo, na porta do cemiterio instalarase unha placa de agradecemento aos devanceiros da parroquia "porque grazas a eles Galicia segue a ter cultura e lingua de seu".
Na homenaxe, un "acto de restauración da memoria lingüística", mudarase ademais a lápida da tumba de José Silvent e da súa dona no cemiterio de Lérez por unha escrita en galego
Esta semana Xosé González Martínez publicou un artigo en varios xornais galegos, como El Progreso ou La Región, un artigo no que destaca a pegada que no seu tempo tiveron na sociedade galega os espectáculos de Barriga Verde e a importancia que lle deron autores como Vicente Risco, Álvaro Cunqueiro, Luís Pimentel, Ánxel Fole, ou Borobó que, por exemplo, chegara a propoñer o nomeamento de José Silvent como académico de número da RAG nun artigo publicado polo xornal vespertino compostelán La Noche.
Xosé González destaca que "Barriga Verde falaba case sempre en galego, nun tempo no que a cultura galega estaba proscrita"
Xosé González bota man dalgúns escritos de Xaime Iglesias González, presidente da Asociación Cedofeita, que escribiu sobre Silvent e Barriga Verde, sinalando que "divertía o público cando se mofaba do poder e impoñía a súa particular xustiza a estacazo limpo, con voz atiplada e metalinguaxe xestual, poñendo na picota as incoherencias e desatinos da organización social que padecía a maioría da poboación, asi como a aqueles que máis se beneficiaban dela”.
González engade que "Barriga Verde falaba case sempre en galego, nun tempo no que a cultura galega estaba proscrita"
Unha tradición a piques de se perder e recuperada nos últimos anos
En 1964 a barraca familiar dos Silvent deixou de viaxar por Galicia e Barriga Verde foi progresivamente caendo no esquecemento. Porén, hai algo máis dunha década a Asociación Cultural Morreu o Demo iniciou un traballo de recuperación
En 1964 a barraca familiar dos Silvent deixou de viaxar por Galicia e Barriga Verde foi progresivamente caendo no esquecemento. Porén, hai algo máis dunha década a Asociación Cultural Morreu o Demo iniciou un traballo en distintos ámbitos para recuperar a memoria deste personaxe e dos propios titiriteiros. Investigacións, exposicións, traballo cos centros de ensino e accións de divulgación foron traendo ao presente esta mostra única de expresión teatral en galego.
En 2016 morreu aos 85 anos Alfonso Silvent, o fillo máis novo de José Silvent, e derradeiro integrante do equipo que deu vida a Barriga Verde
En 2016 morreu aos 85 anos Alfonso Silvent, o fillo máis novo de José Silvent, e derradeiro integrante do equipo que deu vida a Barriga Verde, pois traballou como técnico de son nos espectáculos de títeres. Ademais, conservou moitos materiais que nos últimos permitiron conservar o legado e investigar sobre este fenómeno da cultura popular.