A Fundación Repsol e a Consellería de Cultura presentaron este venres unha nova edición do Premio Narrativa Breve, que chega á súa 15ª edición. Na presentación participaron o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e a directora de Relacións Externas de Fundación Repsol, Pilar Núñez. Estiveron acompañados polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e pola directora do Complexo Industrial de Repsol na Coruña, Natalia Barreiro.
A dotación económica do premio ascende a 12.000 euros e inclúe a publicación da novela curta por parte da Editorial Galaxia
A dotación económica do premio ascende a 12.000 euros e inclúe a publicación da novela curta por parte da Editorial Galaxia. As obras poderán enviarse ata o próximo 31 de xullo. Os textos deberán ser orixinais e escritos en galego, conforme á normativa establecida pola Real Academia Galega, cunha extensión mínima de 50 folios e máxima de 120.
Unha vez pechado o prazo, un xurado decidirá a obra gañadora que se dará a coñecer no mes de setembro. Estará conformado por cinco membros, que representarán á Fundación Repsol, á Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería, á Real Academia Galega, á Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e á Editorial Galaxia.
Dende a súa aparición no ano 2006, máis de 450 obras de autores e autoras galegas participaron no certame
Dende a súa aparición no ano 2006, máis de 450 obras de autores e autoras galegas participaron no certame. Esta é a relación completa de autores, autoras e obras gañadoras:
- 2006 - Miguel Sande, Se algún día esta muller morta (Accésit: Xavier Lama, O insomnio dos centauros).
- 2007 - Anxos Sumai, Así nacen as baleas.
- 2008 - Xosé Luís Martínez Pereiro, A verdade como mal menor.
- 2010 - Xurxo Sierra Veloso, Os fíos.
- 2011 - Fernando Díaz-Castroverde, Microbios e outros paquidermos.
- 2012 - María López Sández, A forma das nubes.
- 2013 - Berta Dávila, O derradeiro libro de Emma Olsen.
- 2014 - Santiago Lopo, A diagonal dos tolos.
- 2015 - Marcos S. Calveiro, Fontán.
- 2016 - Daniel Asorey, Nordeste.
- 2017 - Xosé Antonio Neira Cruz, O sono das sereas
- 2018 - Antón Lopo, Extraordinario
- 2019 - Gonzalo Hermo, Diario dun enterro
- 2020 - Berta Dávila, Illa Decepción