Braga homenaxea o Outono Fotográfico trala súa desaparición pola falta de apoio do Concello de Ourense
O certame deixou de celebrarse este ano despois de 35 edicións consecutivas, acusando o Goberno local de "incumprir os seus compromisos". A cidade portuguesa acollerá unha mostra retrospectiva e amosará tres exposicións que non puideron verse en Ourense trala cancelación da programación.