"Ao longo de todos estes anos o que fixen foi comprometerme coa difusión da historia, da identidade, da memoria"
ENTREVISTA | Pedro Feijoo publica Sen piedade, unha novela coa violencia de xénero como fondo.
ENTREVISTA | Pedro Feijoo publica Sen piedade, unha novela coa violencia de xénero como fondo.
O Festival Intercultural do Barbaña está organizado por ESCuA (Espazo Cultural Alternativo). A Policía Local acudiu ao lugar pero finalmente non obrigou a deter os concertos, nos que actuaron unha ducia de grupos. Os colectivos sociais e culturais da cidade completaron un verán inzado de actividades culturais
Entre o venres e o domingo, 32 realizadores e realizadoras participarán na quinta edición deste encontro audiovisual, no que terán gravar nunha fin de semana unha curtametraxe, que se estreará o vindeiro mes de febreiro.
As bandas de gaitas que queiran participar no evento (en agosto de 2019) só poderá empregar instrumentos tradicionais e non as coñecidas como "marcianas", adaptación da gaita escocesa. Tampouco se admitirá percusión de alta tensión.
O escenario da orquestra, que actuou o domingo pola noite na localidade, non collía na Alameda, polo que se optou por cortar varias ramas. A Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego critica os feitos, que se unen ao perigo sufrido polo Cruceiro de Melide por mos do concerto da Panorama. O alcalde da vila pide desculpas.
Chega a derradeira entrega desta reportaxe literaria de Carlos Meixide que nos veu acompañando ao longo de todo o mes de agosto. Que pasará con Sonia?
ENTREVISTA Neira Cruz gañou o premio Repsol con O sono das sereas, unha novela tecida arredor dun misterio que conduce a unha reflexión sobre a vida e a morte ou sobre as pegadas sociais do patriarcado.
Este sábado preséntase o Proxecto Porlier, un espectáculo teatral e musical baseado no levantamento contra o absolutismo de Fernando VII que tivo lugar en Arteixo e na Coruña en setembro de 1815. O historiador Xabier Maceiras coordina unha iniciativa que conta con textos de Henrique Rabuñal e Miguel Sande e montaxe a cargo do grupo Melandrainas
Aproveitando o 125 aniversario da súa construción, o degradado espazo situado en Betanzos acolle este venres unha "romaría modernista" que promete "viaxar no tempo". Nese ano 1910 os irmáns García Naveira ofreceron alí unha festa para as súas amizades. Haberá música da época, fotografía histórica, coches antigos e xogos tradicionais
O número de peregrinos e peregrinas crece un 9% no que levamos de 2018 e apunta a un novo máximo histórico a final de ano. O Camiño Portugués da Costa crece un 93%, o Inglés un 28% e o Portugués un 17%, confirmando as tendencias apuntadas dende o 2011. Tan só a Vía da Prata empeora os seus rexistros.
O gran tamaño do escenario da orquestra obrigou a mover o valado metálico que protexe o monumento, do século XIV, ata pegalo á súa estrutura. A Policía Local tivo que separar esta cerca, para evitar danos na peza, e levantou acta do sucedido.
Este luns comezou a intervención arqueolóxica de romanarmy.eu no Penedo dos Lobos, que chegará ata o domingo. O sábado haberá unha visita guiada ao recinto e unha charla na que os investigadores debullarán os resultados obtidos e a importancia dos achados