Liberan un documental sobre Xohán Xesús González no 82 aniversario do seu fusilamento
Dende este xoves pode verse e descargarse libremente "O Canteiro de Sebil", realizado por Quinteiro do Umia, e que percorre a vida do escritor e político de Cuntis, fundador da Unión Socialista Galega. En xullo de 1936 púxose á fronte dunha columna de obreiros, que se dirixiron a Compostela para defender a legalidade republicana.