Medio cento de poetas para reivindicar a Xohán Xesús González
A Asociación O Fervedoiro vén de publicar Verbo na Arria, un libro de homenaxe ao poliédrico mestre, xornalista, escritor, canteiro e avogado de Cuntis.
A Asociación O Fervedoiro vén de publicar Verbo na Arria, un libro de homenaxe ao poliédrico mestre, xornalista, escritor, canteiro e avogado de Cuntis.
ENTREVISTA Xoán Curiel vén de presentar o seu cuarto disco, Ecuacións, un traballo que transita polo íntimo máis que o seu CD anterior, Magnétizo Zen. "Síntome comprometido e teño as miñas ideas bastante claras a nivel político e social, pero como persoa e tamén como artista, farteime de insistir en falar desta realidade "narrada" que nos vai chegando fragmentada
Este é o ano de Manuel María (e das Irmandades da Fala), pero en menos de dous meses a RAG escollerá o seu homenaxeado ou homenaxeada para 2017. Nas quinielas hai nomes coñecidos (Ricardo Carvalho Calero, Xela Arias, Carlos Casares, Fiz Vergara Vilariño) e outros algo menos. Quen é o teu ou a túa candidata?
O festival de webseries de Carballo finaliza coa súa gala de entrega de premios, na que foi outorgado o primeiro premio de honra do certame en lembranza do falecido Pedro Reyes.
Xa se pode interactuar con sete modelos 3D dos elementos que conforman a mostra Galicia 100, que se inaugura o vindeiro martes en Compostela. A exposición inclúe tamén vídeos, animacións e outras ferramentas e técnicas de difusión
Álex Alonso gañou o Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole con Tempos de bebidas isotónicas e fast-food. Unha trintena de relatos sobre as trampas do poder na sociedade actual.
A Mostra de Cinema Periférico celebra do 1 ao 5 de xuño a súa sétima edición, centrada nos Novos Impresionistas. Pola Coruña pasarán Stephen Broomer ou Jacques Perconte. A cita abrirase o 30 de maio coa proxección da obra mestra de Eisenstein sonorizada en directo
A vila convértese ata o sábado na capital estatal das webseries e das novas narrativas audiovisuais para a rede, con ducias de proxeccións, conferencias, conversas e concertos de acceso libre e gratuíto ata completar aforo.