Cultura
O audiovisual pide igualdade de xénero nuns Mestre Mateo con 12 premios para 'O Descoñecido'
Non houbo sorpresas nuns premios, este ano, pouco repartidos. A gran favorita, O Descoñecido, levou 12 galardóns tras contar con 16 nominacións. Lobos sucios, que tiña 14, quedou con 2, e Hospital Real e Serramoura gañaron un cada unha.
Cine en San Simón para rescatar a memoria
O Redondela en Curto volve ter produción propia. Fernando Carreira dirixiu o documental A memoria dun pobo, que se proxectará na Illa de San Simón e que recolle as vivenzas e lembranzas dos veciños de Cesantes, entre as que se vai tecendo tamén a memoria histórica do lugar
"Queremos poñer en valor o corpus poético galego porque é pouco coñecido fóra"
Gelria presenta o seu primeiro disco, Cantos de poeta, que musica 14 poemas da historia da literatura galega, comezando co Rexurdimento (Rosalía de Castro e Curros Enríquez), pasando por Álvaro Cunqueiro, Manuel Antonio, Uxío Novoneyra ou Manuel María ata culminar con Chus Pato.
O rap de Manuel María
A RAG destaca a iniciativa do mestre López Cabana, que introduce o seu alumnado de Primaria na vida e obra do protagonista das Letras a través da composición dun tema musical. O docente xa explorara as posibilidades educativas destas cancións hai máis dunha década. Ver vídeo no interior.
"Ridiculizar, animalizar, personalizar, ironizar ou des-intimar sobre o desexo faino máis próximo"
A memoria, a perda e a morte. Son algúns dos temas que alicerzan a obra de Emma Pedreira, e aos que s/t, o seu último poemario publicado, dá outra volta. A autora vén de gañar, tamén, o premio Narrativas Quentes con Corazón e demais tripas. Un libro diferente, na súa traxectoria.
As Letras Galegas do 2016 comezan en Bos Aires
Feijóo e Noriega inauguran a feira do libro da capital arxentina, onde Compostela é cidade convidada.
O patrón de pesca costeira que fai cancións
Xosé Constenla
100 anos de Xosé Velo, o revolucionario, o mestre, o poeta
Este xoves celébrase o centenario do seu nacemento en Celanova. Vén de crearse unha web que recolle información e documentación relacionada con este activista, que pasou á historia pola toma do Santa María en 1961, pero que foi moito máis.
Compostela, capital das letras en Bos Aires
Santiago é a cidade convidada na Feira do Libro da capital arxentina, unha das máis importantes do mundo, que se inaugura este mércores. Xunta a Concello organizan unha variada programación para o evento.
"Só somos -de aí o de labregos- xente cos pés na terra. O que pretendemos ser tentamos que estea na nosa música e forma de estar"
Libremente, de Celso Emilio Ferreiro, dálle título ao primeiro disco de Labregos do tempo dos Sputniks. Que ten moito que ver coa reivindicación da liberdade.
'No cow in the ice', de Eloy Domínguez, gaña o Play-Doc
O xurado da crítica internacional CAMIRA premiou tamén a Le terrain, de Bijan Anquetil, cunha mención para Occidente, de Ana Vaz. Este domingo péchase a duodécima edición do festival tudense.