"É rechamante que os medios públicos galegos non teñan un espazo dedicado ao cómic"
O programa de radio Metrópoles Delirantes, especializado en banda deseñada, chega ás 50 emisións, consolidado como un punto de encontro e difusión fundamental para o sector en Galicia. Falamos cos seus responsables, Nieves Rodríguez e Manuel Barreiro