Cultura
1992/Crematorio/B. A corrupción ante os nosos ollos
O blog Praza-TV analiza tres producións (1992, Crematorio e B) que nos últimos anos trataron, en España e Italia, o fenómeno da corrupción e a crise política, con aínda escasa representación na nosa ficción
Esta semana en 'Palavra Comum'
Entrevistas a Paco Souto, Igor Lugrís e Pere Tobaruela e a análise da obra Etimologias obscuras ou esconsas a cargo de Xavier Alcalá, entre os contidos destacados desta semana na publicación.
Os murais de Quessada abandonan a súa prisión
Dous valiosos traballos de gran formato do autor ourensán, un realizado en 1981 contra a entrada de España na OTAN e o outro contrario á planta de gas de Reganosa, exhíbense en Ferrol despois de pasar anos ocultos nos arquivos municipais.
“As orquestras deixaron de facer música para facer espectáculos de luces e saltos”
Hai asasinatos, abusos de poder e corrupción a esgalla en Derradeiro bis en catro-corenta, (redelibros), de Tomás González Ahola. Mais a novela é, máis que nada, un retrato da decadencia do mundo das orquestras, nas que a música se substitúe polos xogos de luces e as xigantescas plataformas móbiles e as condicións laborais seguen a ser, moitas veces, inhumanas mentres uns poucos representantes controlan o mercado con artes pouco legais.
Resposta á Carta aberta de Alfredo Ferreiro
Xunta Directiva do Centro PEN Galicia
Carta aberta a Luís González Tosar
Alfredo Ferreiro
A Coruña acolle unha mostra de curtas de directoras galegas
No Fórum Metropolitano proxectaranse este xoves, venres e sábado obras de Alexia Muiños, Xisela Franco, Virginia Curiá, Olga Osorio, Olaia Sendón e Sonia Méndez.
‘O principio de Arquímedes’, ‘Ensaio sobre a cegueira’ e ‘Presidente’ dominan os María Casares
As producións de Teatro do Atlántico, Sarabela Teatro e Teatro do Morcego suman o maior número de candidaturas e compiten polo premio ao mellor espectáculo. Os e as gañadoras coñeceranse o 30 de marzo na gala que se celebrará no Teatro Rosalía Castro da Coruña.
Medea, a lucidez no delirio
O traballo da actriz Aitana Sánchez Gijón na Medea de Teatro de la Ciudad, que estivo na Mostra de Teatro Clásico de Lugo, engádelle matices a esta personaxe que a o achegan ao texto de Eurípides, que debuxa unha muller máis racional que a tracexada por Séneca.
Manuel María: o dereito á dignidade e á enteireza
Uxía vén de presentar en Compostela o seu CD Uxía canta a Manuel María. Poucos días despois, a produtora Nós deu a coñecer o libro A propósito de Manuel, que acompaña o documental reeditado Manuel María: eu son fala e terra desta miña terra, dirixido por Margarita Ledo.
"Hai unha mecha acesa, que di moito do que virá, xa sexa revolución ou desfeita dun sistema caduco"
Galicia e os nazis. Este é o centro da trama da nova novela de Xabier Quiroga, Izan o da saca. Aínda que, ao lado deste, agroman os temas que sempre lle interesan a este autor. O intento de comprender o pasado e, con el, o presente. O poder e o xeito no que esmaga aos de abaixo.