“Calquera autor de Positivas vende máis que Alfredo Conde”
A editorial que dirixe Paco Macías celebra o seu 25 aniversario. Alberto Ramos conversa con el sobre a historia da editorial, o seu futuro, a crise e o mundo do libro en xeral
A editorial que dirixe Paco Macías celebra o seu 25 aniversario. Alberto Ramos conversa con el sobre a historia da editorial, o seu futuro, a crise e o mundo do libro en xeral
Este venres comezan, co pregón de Verónica Boquete, as Festas do Apóstolo, que este ano, baixo a etiqueta Artellando se reivindican como festexos abertos, descentralizados e cunha gran presenza dos artistas e colectivos que traballan na cidade
Un informe da Estación Fitopatolóxica de Areeiro sinala a inutilidade de calquera actuación para a recuperación do Teixo dos Tenreiro, en Pontedeume, con varios séculos de historia, afectado por un fungo e moi prexudicada pola construción do paseo marítimo, a AP9 e outras obras
O Observatorio da Cultura Galega publica un informe que destaca a evolución positiva do libro galego en 2014 (1.763 títulos fronte a 1.426 en 2013), tras tres anos de descenso. Un de cada catro libros na nosa lingua xa se publica en formatos distintos ao papel.
O cantautor faleceu a pasada noite, aos 71 anos de idade, dun infarto. Gravou 15 discos, sufriu a censura e foi xulgado (e absolto) por un presunto delito de "escarnio á relixión". Hai 15 días ofreceu o seu derradeiro concerto, e foi en Galicia, en Boiro.
A produción en lingua de signos, que recibiu premios en Toronto ou Jaén, ademais de participar no festivais de Hong Kong, Donostia e Roma, prepara a súa segunda tempada
Antonio Piñeiro publica A identidade fascinada (Galaxia). Un ollar ao mundo universitario compostelán dos 80 que vai moito máis alá do memorístico.
Catro comunidades de montes do Baixo Miño impulsan, xunto co Concello de Oia, o proxecto Costa dos Castros, unha proposta de dinamización social e turística a través do patrimonio, que vén de lanzar unha campaña de micromecenado.
BAMAD, a asociación que agrupa os bibliotecarios e bibliotecarias do país denuncia que o Goberno galego volve excluír das axudas públicas os centros das localidades de máis de 30 mil habitantes, que dan servizo a case a metade da cidadanía.
A política está de moda. Nos últimos anos foi gañando espazo nas conversas cotiás e nos medios de comunicación de masas; véxase por exemplo o crecente peso e as audiencias millonarias de programas de infotainment como Salvados ou El Intermedio. Isto tivo a súa translación tamén na ficción televisiva, coa popularización de series como House of Cards ou Borgen. Analizámolo no blog de series de Praza.gal.
A Real Academia Galega elixe a figura de Manuel María para homenaxeala no ano 2016, unha designación que chega tras un ano marcado pola polémica polo affaire Filgueira.