Paredes de Coura: 20 anos de música na 'raia'
O festival, que comezou baixo a chuvia, ofrece até este venres as actuacións de Midlake, Sleigh Bells, Digitalism, dEUS, Kasabian, Of Montreal, Gang Gang Dance, Crystal Fighters, The Go! Team ou Best Youth. Celebra as súas dúas décadas de historia atraendo como todos os anos milleiros de galegos e galegas.