De tazas con Vidal Bolaño
Este sábado percorrerá as rúas de Compostela unha procesión pagá e cidadá que de bar en bar lerá e representará fragmentos da obra do autor. Participarán Víctor Mosqueira, Clara Gayo, Chiqui Pereira, Xesús Ron ou Carlos Santiago e rematará cun concerto de Leo Arremecaghoná e García DKTC.