A indeterminación de Carlos Lema
O poeta e editor, a quen xa debiamos outros valiosos traballos sobre Proust, Postone, Char ou Heidegger, revalida con este Indeterminacións a súa condición de lúcido ensaísta e pensador fondo, instalado na máxima espesura de sentido e na densificación conceptual extrema, mais xustamente por iso de ben rigorosa e moi proveitosa mensaxe.