“A nosa tradición é máis erótica que fúnebre, aínda que ás veces pareza que o país anda un pouco zombi”
Manuel Rivas leva anos á procura da palabra das persoas que, malia situárense nunha posición excéntrica respecto do poder, son quen de re-existir, de tecer estratexias para artellar unha segunda vida á marxe desas relacións de dominio. Todas elas foron convocadas en As voces baixas, a súa última novela.