Cultura
A Asociación de Actores anovará a súa directiva con Toño Casais como único candidato a suceder a Morris
O intérprete de Talía Teatro encabeza a única lista que se votará na asemblea xeral deste domingo. O Ano Vidal Bolaño, as reivindicacións do sistema cultural e a negociación do convenio colectivo serán os grandes retos dunha directiva que apostará por unha “política continuísta”
En setembro, Galicia en Gales
A Universidade de Cardiff acollerá do 12 ao 14 dese mes o X Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos, coa intervención de 125 relatores
O gardián entre as promesas
Carolina Díaz Ripoll
O Códice Calixtino, unha xoia agochada nun garaxe
O volume do século XII, de incalculable valor, é atopado nun rocho do Milladoiro tras a detención dun electricista e da súa familia como presuntos responsables da súa desaparición da Catedral de Santiago, hai un ano.
"Non son proletaria da música, nin unha guerreira, nin unha funcionaria. Quizás a súa discípula"
Ugia Pedreira vén de pechar con Marful a Xira Surreal, na que levaron a súa música por unha ducia de espazos singulares de Galicia. Tamén vén de regresar do outro lado do Atlántico, de presentar en São Paulo con Fred Martins o seu disco conxunto Acrobata
A minha língua: Uma pedrinha de açucar
Adela Figueroa
'Carmina o revienta' estrearase á vez en salas e na rede este xoves
O filme de Paco León poderase ver o mesmo día da súa estrea nos cinemas a través de Filmin e outras plataformas por 1'95 euros. O director denuncia boicot por parte das distribuidoras.
O Estado elimina as axudas á tradución de libros entre linguas cooficiais
O Ministerio de Cultura ratifica a supresión das subvencións á edición de obras literarias traducidas entre os catro idiomas oficiais. Si mantén os subsidios para "linguas estranxeiras", aínda que cun recorte de máis do 60%
A candidatura de Ourense como capital europea da cultura en 2020 colle forza
A iniciativa parte da Asociación proCentenario Nós 2020, que busca conmemorar os cen anos da Xeración Nós e da propia revista, que comezou a publicarse en 1920.
Artur Trillo: “Non somos optimistas sobre o futuro da Mostra de Teatro de Cee”
O evento celebrará en agosto a súa 25ª edición. A efeméride chegará cargada de incerteza de cara ao futuro, xa que podería ser a última vez que se leve a cabo. Talía Teatro medita poñer punto e final a súa organización.
“Contigo, Agustín, somos nación”
Vigo acolleu este sábado a Homenaxe Nacional a Fernández Paz, organizada por Prolingua. O acto converteuse nunha celebración do compromiso do escritor coa lingua, coa literatura, a educación e a nación.