A Illa de San Simón, ante un futuro incerto
A Xunta suprime a Fundación que xestionaba o espazo, pero non aclara se se manterá a actividade cultural e investigadora que nos últimos anos se levou a cabo na Illa do Pensamento. Ao longo de 2012 pasaron por San Simón máis de 12 mil persoas.