Cultura
Denuncian os recortes de fondos para bibliotecas, "máis necesarias ca nunca na crise"
A presidenta de ANABAD-Galicia, Olimpia López, denuncia os recortes de fondos e critica que o novo plan do Gaiás priorice unha incubadora de empresas sobre a Biblioteca e o Arquivo. Agolada manterá aberto o seu centro municipal dous días á semana.
Milladoiro: "Tocar na Coruña é coma ir comer á casa da nai os domingos"
A formación ofrecerá o venres 29 un concerto no Teatro Colón, escenario dalgunha das súas actuacións máis lembradas.
Os artistas ourensáns de LADDO pasan da web á rúa
Son 14 creadores que levan meses amosando as súas obras -pintura, escultura, collage, fotografía e arte dixital- en internet, e que este mércores se presentarán publicamente na Cuqueira de Lourdes, na Praza das Mercedes.
Gallaecia Petrea: Like a rolling stone
Rubén Pardiñas
Castelao. Sempre en Moscova?
Xesús Alonso Montero presenta en Vigo Castelao na Unión Soviética en 1938 (Xerais), no que relata a viaxe do político galego á capital da URSS cunha delegación republicana, no contexto da Guerra Civil, e a relativa simpatía que neses anos esperta nel o comunismo
Denuncian o peche da biblioteca municipal de Agolada como medida de "austeridade"
ANABAD-Galicia reclámalle ao Concello "un esforzo para manter aberta a biblioteca", que pechará as súas portas o 1 de xullo.
Celso Emilio pon Vigo a bailar
El Puto Coke, Ataque Escampe, Patricia Moon, Frans Banfield, Davide ou Luís Emilio Batallán musicarán os textos do poeta nun concerto que terá lugar o vindeiro martes no Centro Cultural Novacaixagalicia e no que tamén intervirán Xesús Alonso Montero, Yolanda Castaño, Rexina Vega, Fernando Franco ou os alumnos e alumnas da ESAD.
Supermán, Capitán Marvel e unha breve refutación de Méndez Ferrín
Eduardo Maroño resolve en Qadriños, o blog de banda deseñada de Praza, a dúbida de cal dos dous superheroes con capa foi o primeiro, ao fío dunhas declaracións do actual presidente da RAG nunha entrevista.
The Deep Blue Sea, "unha película de amor perfecta"
Estréase nas salas comerciais de España o último filme de Terence Davies. Eloi Domínguez Serén, un dos responsables d'A Cuarta Parede, ofrécenos a súa visión sobre o que algúns cualificaron como "unha película de amor perfecta"
As Letras 2013, para Vidal Bolaño
A Real Academia escolleu o dramaturgo por maioría, polo seu papel "na creación dun público para o teatro galego" e porque "por enriba de todo, foi un extraordinario escritor"
Novo capítulo do futuro do Gaiás: outro cambio de usos e promesa de reducir gastos
A Xunta anuncia, nunha presentación marcada pola indefinición, a creación dun "centro de emprendemento creativo" e dun "centro de innovación cultural" na Cidade da Cultura, á que se trasladará a sede da Agadic