Este domingo pola tarde Pandereteiras Bouba puxeron a música despois da conversa mantida por Ana Romaní, María Reimóndez, Susana S. Arins, Andrea Nunes Brións e Mercedes Peón en conversa con Selina Otero, nun acto introducido por Ana Boullón da RAG
12.700 persoas asistiron á edición 2024 do Culturgal, celebrada en Pontevedra entre o venres e o domingo. Tres intensas xornadas que veñen de pecharse con música e a ollada posta na celebración do vindeiro Día das Letras, dedicado á poesía popular oral e as cantareiras. Pandeireteiras Bouba tocaron despois da conversa mantida por Ana Romaní, María Reimóndez, Susana S. Arins, Andrea Nunes Brións e Mercedes Peón en conversa con Selina Otero, nun acto introducido por Ana Boullón da RAG.
Durante as tres xornadas pasou polo Pazo da Cultura o máis destacado da cultura galega, con propostas para todos os públicos (cunha intensa programación para a rapazada) e espazos para todas as artes, dende a literatura á música, pasando polas artes escénicas e plásticas, pero tamén os videoxogos e mesmo o fútbol, que este domingo tivo o seu papel protagonista coa presentación do libro A gran final. Contos e contas do fútbol galego, publicado por Edicións Positivas.
Tamén na sesión vespertina deste domingo Manuel Rivas, recén nomeado premio Nacional das Letras, foi entrevistado pola xornalista Susana Pedreira para presentar a súa última novela Tras do Ceo,
Tamén na sesión vespertina deste domingo Manuel Rivas, recén nomeado premio Nacional das Letras, foi entrevistado pola xornalista Susana Pedreira para presentar a súa última novela Tras do Ceo, coa que inicia un novo proxecto narrativo arredor da caza do home polo home e a depredación social e natural. Rivas destacou que a novela fala de moitas exticións, tamén “da extinción do humor”.
O sábado por tarde, dúas mesas redondas xuntaron algúns dos autores e autoras máis celebradas da narrativa galega no último ano. Houno unha conversa coas autoras gañadoras dos Premios Xerais 2024: Marta Villar, Raquel Fernández Fernández e Abel Tomé (entrevistadas por Teresa Cuíñas). E outra Mesa Narrativa da editorial Galaxia xuntará a Ana Varela, Miriam Couciero Castro, Lara Dopazo Ruibal e Iria Collazo López (moderadas por Marcos Calveiro).
O Culturgal serviu tamén para celebrar o décimo aniversario do .gal, o dominio galego na rede. Nesta conmemoración houbo moita música e un debate sobre os dez anos de puntogal
O Culturgal serviu tamén para celebrar o décimo aniversario do .gal, o dominio galego na rede. Nesta conmemoración houbo moita música -os concertos do proxecto Pava de Lucía Aldao e de Caamaño&Ameixeiras- e un debate sobre os dez anos de puntogal, centrado nos retos e ameazas dos contidos en galego no marco das buscas en Google e, en xeral, na rede.
Participaron voces especialistas como son o consultor SEO e experto en estratexia dixital Saúl Vérez, a xornalista especializada en márketing de contidos e comunicación corporativa, responsable de comunicación de Dinahosting, Adriana Freire, e o profesor de comunicación dixital da Universidade de Vigo Xabier Martínez Rolán, baixo a moderación da xornalista especializada en comunicación, márketing e estratexia dixital Bárbara G. Vilariño.
Coa falta de recoñecemento da lingua galega por parte de Google e outras plataformas como punto de partida, as e os expertos apuntaron distintas estratexias para reforzar o galego dentro e fóra de internet
Coa falta de recoñecemento da lingua galega por parte de Google e outras plataformas como punto de partida, as e os expertos apuntaron distintas estratexias para reforzar o galego dentro e fóra de internet. Así, Xabier Martínez Rolán indicou que a Intelixencia Artificial é “o derradeiro tren que temos para salvar o galego” neste ámbito, tendo en conta que as empresas detrás destes modelos de linguaxe priman aquelas linguas que máis se falan. “Estamos nun momento importante, debemos atopar un modelo que permita unha comunicación eficiente en galego”, apostou.
Contra a idea de que, a nivel empresarial, identificarse co galego “pecha o mercado”, Saúl Vérez aludiu á “proximidade” do público obxectivo, no caso de moitas áreas de negocio e chamou ás administracións públicas a “facer un esforzo” para promover, “todos a unha”, o comercio local e a boa praxe en internet, con estratexias como selos identificativos de calidade polo emprego do galego. Pola súa banda, Adriana Freire salientou a “rendibilidade” que ten o uso empresarial da lingua. “Todo o que sexa recuperar a proximidade co público é unha fortaleza. O galego é un selo e símbolo de prestixio para a nosa marca, e por iso é rendible”, observou.
O público familiar tivo unha gran relevancia na terceira xornada de Culturgal coa presentación de Bibopalula, a primeira serie de animación musical en galego
O público familiar tivo unha gran relevancia nesta terceira xornada de Culturgal. Undodez e Televisión de Galicia presentaron Bibopalula, a primeira serie de animación musical en galego deseñada para espectadores de 3 a 6 anos e creada por Laura e Andrés Mahía, co obxectivo de fomentar o amor pola natureza, a música pop-rock e a lingua. O actor Xosé Antonio Touriñán, que pon voz a personaxes, estivo na presentación animando ós máis pequenos.
Ademais, a segunda convocatoria de A Nena e o Grilo Camiño das Cores arrasou entre o público asistente ao Auditorio, con máis de 400 localidades ocupadas.
O sábado o evento máis destacado foi a Ultranoite Cultureta, realizada expresamente por Chévere para o Culturgal 2024
O sábado o evento máis destacado foi a Ultranoite Cultureta, realizada expresamente por Chévere para o Culturgal 2024. A estrea mundial da produción contou con Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Diego Anido, Mónica García, Xesús Ron, Borja Fernández e Arantza Villar.
O teatro estivo presente a través dunha interesante conversa entre Xiana Arias, Paula Carballeira e Carme, arredor do proxecto creativo de Mulleres que Viven Soas, unha montaxe teatral e un podcast de dez episodios da compañía Berrobambán que se pode escoitar nas principais plataformas de podcast. Ademais, O sábado puido verse un adianto da obra Reconversión, de Ibuprofeno Teatro, escrita por Santiago Cortegoso.
O venres a primeira xornada do culturgal pechouse cunha verbena rock coa proxección do documental Bravú XXX e o concerto da Banda Xangai e as pontevedresas Rager
O venres a primeira xornada do culturgal pechouse cunha verbena rock coa proxección do documental Bravú XXX e o concerto da Banda Xangai e as pontevedresas Rager. O Bravú, que está a celebrar o 30 aniversario do movemento, non podía faltar nesta edición do Culturgal.
A protagonista literaria da tarde do venres foi a escritora pontevedresa Fina Casalderrey que presentou a reedición do seu libro Filla das Ondas, editado por Kalandraka, acompañada polo ilustrador Xosé Cobas, a xornalista María Varela e o concelleiro de Cultura de Pontevedra Demetrio Gómez.