Serán unhas Letras Galegas centradas sobre todo nas mulleres, principais creadoras e gardiás da tradición. Tamén centrada na música, unida de forma inseparable á literatura. E, ademais, "dialogarán coa modernidade de artistas que hoxe exploran novos vieiros para a literatura de base popular partindo da tradición recibida"
O Día das Letras Galegas de 2025 estará dedicado á poesía popular oral e, sobre todo, ás cantareiras que conservaron, enriqueceron e transmitiron esa creación, de xeración en xeración, ata chegar á actualidade. Por segunda vez na historia a Real Academia Galega opta por unha candidatura colectiva (a primeira foi en 1998 cos trobadores da ría de Vigo Johan de Cangas, Meendinho e Martin Codax).
Porén, personifica a escolla en seis mulleres: Adolfina e Rosa Casás Rama (Cerceda), Eva Castiñeira (Muxía), e Prudencia e Asunción Garrido Ameijende e mais Manuela Lema Villar –tres das cinco Pandeireteiras de Mens (Malpica de Bergantiños) que falceron hai máis dunha década-, para a través delas homenaxear a moitas máis.
Serán unhas Letras Galegas centradas sobre todo nas mulleres, principais creadoras e gardiás da tradición que "por toda Galicia a coidaron, arrequentaron e transmitiron” durante xeracións, garantindo a vida da cultura galega e da propia lingua do país. Serán unhas Letras, ademais, que ollarán para o pasado, pero tamén para o presente e o futuro e que "dialogarán asemade coa modernidade de artistas que hoxe exploran novos vieiros para a literatura de base popular partindo da tradición recibida, sempre unida a outro tesouro patrimonial colectivo: a música". Pois serán, finalmente, unhas Letras nas que a música será protagonista, unida de forma inseparable á literatura.
O pleno da Academia aprobou de forma maioritaria a candidatura presentada pola académica Ana Boullón e apoiada entre outros e outras por Marilar Aleixandre, Antón Santamarina, Manuel Rivas e Rosario Álvarez
O pleno da Academia aprobou de forma maioritaria a candidatura presentada pola académica Ana Boullón e apoiada entre outros e outras por Marilar Aleixandre, Antón Santamarina, Manuel Rivas e Rosario Álvarez e que xa o pasado ano fora finalista, aínda que con outros protagonistas concretos (Adolfina Casás Rama, Rosa Casás Rama e Florencio López Fernández, o Cego dos Vilares). Desta volta quíxose facer máis fincapé no carácter colectivo e feminino desta creación.
A candidatura do cancioneiro popular impúxose ás outras dúas presentadas este venres no pleno: a do poeta ourensán Antón Tovar -apoiada por Xesús Alonso Montero, entre outros- e a do xornalista de Enrique Labarta Pose -impulsada entre outros por Manuel González-.
A proposta salienta que “a lingua galega continuou viva e vizosa durante séculos porque o pobo galego a custodiou. En particular as mulleres preservaron a lingua e crearon anonimamente unha poesía popular transmitida nas cantigas"
A proposta aprobada salienta que “a lingua galega continuou viva e vizosa durante séculos, malia as prohibicións e a súa desaparición do espazo oficial, porque o pobo galego a custodiou. En particular as mulleres preservaron a lingua e crearon anonimamente unha poesía popular transmitida nas cantigas das avoas ás netas, das nais ás fillas, dunhas veciñas a outras”. E liga a súa escolla á de Luísa Villalta, protagonista neste 2024, en cuxa obra é tan importante a música e que recolleu nun verso a relevancia desta transmisión xeracional e por vía feminina: "as coplas aprendidas na saia da avoa”.
A RAG alerta da falsificación histórica que se produciu a finais do século XIX cando os coros compilaron as músicas populares e se enxalzou como icona a figura do gaiteiro -habitualmente un home- que, acompañado co tambor, exercía o seu oficio no espazo público, "ignorando as achegas da cantareiras e pandeireteiras, relegadas á esfera privada"
A Academia lembra a importancia que sempre tiveron as mulleres, cantareiras e pandeireteiras, na música e na poesía de carácter oral, por exemplo no contexto das rogas, os traballos de axuda mutua entre a veciñanza da sociedade labrega. Porén, alerta da falsificación histórica que se produciu a finais do século XIX cando os coros compilaron as músicas populares e se enxalzou como icona a figura do gaiteiro -habitualmente un home- que, acompañado co tambor, exercía o seu oficio no espazo público, "ignorando as achegas da cantareiras e pandeireteiras, relegadas á esfera privada".
"Por iso, aínda habendo un enorme número de mulleres que compuxeron e transmitiron cantigas populares, a maioría delas permaneceu no anonimato", denuncia a Academia.
Ao falarmos do cancioneiro popular, hai que destacar a figura de Dorothé Schubarth e a de Antón Santamarina, que a comezos dos anos 80 levaron a cabo un inxente traballo de recolleita e edición
Ao falarmos do cancioneiro popular, hai que destacar a figura de Dorothé Schubarth e a de Antón Santamarina, que a comezos dos anos 80 levaron a cabo o inxente traballo de recolleita e edición que deu lugar ao Cancioneiro popular galego (Fundación Barrié). Este traballo, lembra a Academia, "permitiu identificar informantes" como Adolfina Casás Rama (1912-2009) e Rosa Casás Rama (1913-2005), de Cerceda, dúas das homenaxeadas pola RAG.
Outra, Eva Castiñeira (Muxía), foi dada a coñecer publicamente por Milladoiro, que nesa mesma década dos 80 a subiu en varias ocasións ao escenario, sendo xunto á súa sobriña a primeira pandeireteira en actuar cun grupo folk.
O traballo colectivo contribuíu "a visibilizar a enorme riqueza dunha expresión artística colectiva deostada durante séculos e ameazada polo proceso de urbanización do país", destaca a RAG
Antes, xa nos anos 70 as Pandeireteiras de Mens estaban a actuar en concertos. A historia destas cinco mulleres foi recuperada nos últimos anos nun libro de Beatriz Busto Miramontes editado pola Central Folque, selo que editou tamén outro volume sobre Adolfina e Rosa Casás Rama escrito por Richi Casás.
O traballo colectivo contribuíu "a visibilizar a enorme riqueza dunha expresión artística colectiva deostada durante séculos e ameazada polo proceso de urbanización do país", destaca a RAG, que subliña que "fronte ao que aconteceu noutros territorios, o cancioneiro popular conseguiu chegar cheo de vida ao século XXI, e deixou unha fonda pegada na alta cultura, empezando polos Cantares gallegos de Rosalía de Castro".
A candidatura aprobada pola RAG fai fincapé, ademais, nas "novas xeracións de intérpretes e creadores actuais que demostran que na propia esencia da poesía popular oral está evolucionar e cambiar"
A candidatura aprobada pola RAG fai fincapé, ademais, nas "novas xeracións de intérpretes e creadores actuais que demostran que na propia esencia da poesía popular oral está evolucionar e cambiar". Así, a Academia cita as agrupacións e persoas que recolleron cantigas directamente nas aldeas, como Fuxan os Ventos nos anos 70 e despois Milladoiro, ata as máis recentes Mercedes Peón, Leilía, Xabier Díaz, chegando ata as creadoras e creadores que forman parte das xeracións máis novas, como Faia Díaz, Sés, Baiuca, Mondra, Caamaño&Ameixeiras, Fillas de Casandra ou as Tanxugueiras.
Elas e eles serán tamén protagonistas dun ano das Letras no que a música será protagonista e que, a pesar de partir da tradición, ollará máis cara ao futuro ca nunca.
As protagonistas
Dorothé Schubarth chegou á Vila da Igrexa en marzo de 1980 para gravar e documentar o canto de Rosa e Adolfina Casás Rama. A musicóloga ficou abraiada pola variedade das melodías que achegaron e a orixinalidade das súas coplas
Rosa e Adolfina Casás Rama: Dorothé Schubarth chegou á Vila da Igrexa en marzo de 1980 para gravar e documentar o canto de Rosa (1912-2009) e Adolfina Casás Rama (1913-2005). A musicóloga ficou abraiada pola variedade das melodías que achegaron e a orixinalidade das súas coplas, algunhas delas únicas no repertorio galego. Eran ademais boas improvisadoras, malia non ser a regueifa unha práctica común na comarca de Ordes.
Adolfina e Rosa eran tía e sobriña, pero criáronse practicamente como irmás. As dúas eran fillas de solteira e dende ben cativas tiveron que gañar o pan en condicións moi duras. Coñecidas na contorna pola súa arte como cantareiras e tocadoras, eran convidadas decote aos traballos comunais e a súa presenza constituía unha atracción destacada nas foliadas da zona de Cerceda.
Eva Castiñeira
Leilía dedicou á memoria de Eva Castiñeira o seu disco Consentimento (2012), dende a consciencia de que, coma tantas mulleres creadoras e artistas, non obtivera en vida o recoñecemento merecido
Eva Castiñeira (1926-2010): veciña do lugar de Agranzón, en Muxía, aos oito anos de idade xa cantaba nos bailes e romarías con outras dúas pandeireteiras veciñas da bisbarra e coa súa irmá Engracia. Coma moitas mulleres do seu tempo, emigrou á Coruña para traballar no servizo doméstico e asentouse no barrio de San Pedro de Visma. A principios da década dos 80 traballaba como asistenta na casa dun dos socios da discográfica Ruada, que se decatou do seu talento musical e lle falou dela a Rodrigo Romaní. Pouco despois, en 1981 foi convidada por Milladoiro.
En 1981, a voz de Eva Castiñeira quedou rexistrada, canda as interpretacións de Florencio López Fernández, o cego dos Vilares, no álbum Recolleita, coordinado por Pablo Quintana. As melodías da cantareira tamén se integraron no álbum Galicia no país das maravillas (1986), gravado no estudio dublinés Windmill Lane e no que tamén participaron tres novas tocadoras, Elisa Segade, Cristina García e Pilocha Rivas. Leilía dedicou á memoria de Eva Castiñeira o seu disco Consentimento (2012), dende a consciencia de que, coma tantas mulleres creadoras e artistas, non obtivera en vida o recoñecemento merecido.
Cando algunha xa superaba os 80 anos, as Pandeireteiras de Mens viaxaron por Europa e América coa súa música acompañando, a partir de 1972, a Agrupación Folclórica Aturuxo, tras contactar con elas o seu director artístico, Manuel Cajaraville Pensado
As Pandeireteiras de Mens: As Pandeireteiras de Mens foron cinco labregas desta parroquia de Malpica:: Prudencia Garrido Ameijende (1905-1993) e a súa irmá Asunción Garrido Ameijende (1915-2007); Manuela Lema Villar (1913-1993), Adela Rey Torrado (1920-2016) e Teresa Lema Varela (1924-2019). Adela e Teresa faleceron hai menos de dez anos, o que impide que poidan ser formalmente homenaxeadas no Día das Letras Galegas 2025.
Cando algunha xa superaba os 80 anos, as Pandeireteiras de Mens viaxaron por Europa e América coa súa música acompañando, a partir de 1972, a Agrupación Folclórica Aturuxo, tras contactar con elas o seu director artístico, Manuel Cajaraville Pensado. A historia das tamén chamadas “Vellas de Mens” foi rescatada nunha completa obra de Beatriz Busto Miramontes levada ao prelo en 2021. Nestas páxinas a musicóloga e antropóloga social refírese a elas como a cabeza visible a audible do rexurdimento moderno da música bailable de tradición oral en Galicia.