Unha inimiga do pobo, de Talía Teatro, é a obra con máis finalistas (9), por diante de Hamelin, de Redurum (6) e Shakespeare en Roma (CDG), Un hotel de primeira sobre o río e O Auto do Castromil (Producións Teatráis Excéntricas en coproducción co CDG), todas elas con 5.
Unha inimiga do pobo, de Talía Teatro, é a obra con máis finalistas (9) na edición XXVII dos Premios María Casares, que este martes deron a coñecer os espectáculos e profesionais que optan aos galardóns. Por detrás, aparece Hamelin, de Redurum (6) e Shakespeare en Roma (CDG), Un hotel de primeira sobre o río e O Auto do Castromil (Producións Teatráis Excéntricas en coproducción co CDG), todas elas con opcións de premio.
A gala de entrega dos Premios de Teatro María Casares celebrarase o xoves 21 de marzo no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. A tradicional Festa de Finalistas tivo lugar na Cafetería Lasso do Auditorio de Galicia e comezou cun acto conducido pola actriz Cristina Collazo, no que se deron a coñecer os e as finalistas.
A gala de entrega dos Premios de Teatro María Casares celebrarase o xoves 21 de marzo no Teatro Rosalía de Castro da Coruña
Unha inimiga do pobo, Hamelin e O Auto de Castromil disputaranse os galardóns de mellor espectáculo e mellor dirección.
O premio ao espectáculo infantil decidirase entre Ándale! Bon apêttit!, de Teatro Ghazafelhos; Backstage, de NegroLópez, e Crisálida, de Caramuxo Teatro
Os galardóns están organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) e contan habitualmente co apoio e o patrocinio de institucións e entidades como a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a Deputación da Coruña, o Concello da Coruña, o Padroado de Cultura do Concello de Narón, a Fundación AISGE ou Gadis.
Relación de finalistas por montaxes
- Unha inimiga do pobo, de Talía Teatro (9 finalistas): espectáculo, dirección (Tito Asorey), actriz protagonista (Marta Lado), actor secundario (Toño Casais), adaptación-tradución (Tito Asorey e Vanesa Sotelo), iluminación (Laura Iturralde), espazo escénico (Dani Trillo), maquillaxe (Martina Cambeiro) e vestiario (Martina Cambeiro)
 - Hamelin, de Redrum Teatro (6 finalistas): espectáculo, dirección (Alex Sampayo), actor protagonista (Machi Salgado), actor secundario por partida dupla (Fran Lareu e Roberto Leal) e iluminación (Carlos Álvarez-Ossorio)
 - O Auto do Castromil, de Producións Teatráis Excéntricas en coprodución co CDG (5 finalistas): espectáculo, dirección (Quico Cadaval), actor protagonista (Víctor Mosqueira), vestiario (Carlos Alonso) e Espazo sonoro (Piti Sanz)
 - Shakespeare en Roma, do Centro Dramático Galego (5 finalistas): actor protagonista (Toni Salgado), actriz protagonista por partida dupla (Sheyla Fariña e Rebeca Montero), vestiario (Saturna), adaptación-tradución (Volodymyr Snegurchenko para Coriolano, Ana Carreira para Xulio César, Ana Abad de Larriva para Antonio e Cleopatra e Lorena Conde para Tito Andrónico)
 
- Un hotel de primeira sobre o río, do Centro Dramático Galego (5 finalistas): dirección de movemento (María Torres e Gonçalo Guerreiro), actrices secundarias por partida dupla (Raquel Espada e Lidia Veiga), vestiario (Carolina Díguele) e espazo escénico (Gonçalo Guerreiro)
 - Entrega en man, de Contraproducións (3 finalistas): actriz secundaria (María Roja), adpatación-tradución (Cándido Pazó e Santi Romay) e maquillaxe (Martina Cambeiro)
 - Deadpan Karaoke, de Ibuprofeno Teatro (2 finalistas): maquillaxe (Baia Fernández) e Espazo Sonoro (Mónica de Nut)
 - Crisálida, de Caramuxo Teatro (2 finalistas): espectáculo infantil e espazo escénico (Diego Valeiras)
 - Vox Populi, de Malasombra (2 finalistas): espazo sonoro (Carlos Mosquera Mos) e iluminación (Octavio Mas)
 
- Backstage, de NegroLópez (1 finalista): espectáculo infantil
 - Ándale! Bon apêttit!, de Teatro Ghazafelhos (1 finalista): espectáculo infantil
 - Frida, de A Cova das letras (1 finalista): dirección de movemento (Olga Cameselle)
 - Insubmisa, de Antagonista Teatro (1 finalista): dirección de movemento (Marta Alonso)
 - Códice K, de Ainé, (1 finalista): texto orixinal (Manuel Cortés)
 - A Nai, de Amorodio Teatro (1 finalista): texto orixinal (Laura Porto)
 - Mosca, de Árika Cía (1 finalista): texto orixinal (Gustavo del Río)
 - Nanai da China, de Pérez&Fernández (1 finalista): espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas
 - A teteira de Kabul, de Xarope Tulú (1 finalista): espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas.
 - Coliño, de A Xanela do Maxín (1 finalista): espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas.