Deportes
"Imposible sen ti": Deportivo e Celta únense pola concordia no derbi
A Xunta apadriña a presentación dunha campaña publicitaria na que se reivindica a rivalidade sá e necesaria entre os dous grandes do fútbol galego a poucos días doutro derbi. "Oxalá non nos falten nunca, porque de todos os partidos do mundo, este é o noso partido", reivindica.
A presión da FIFA aos grandes clubs acaba por discriminar os nenos adoptados en Galicia
A agresiva política de canteira de equipos como Barcelona e Madrid provoca que a FIFA presione para que pescude na orixe dos futbolistas menores, o que levou á Federación Galega a non tramitar fichas de rapaces adoptados. O BNG denuncia a "discriminación" e pide á Xunta que interveña
Um ano sem Jimmy
Ramiro Vidal Alvarinho
O asasinato de Jimmy pode quedar impune malia a versión policial e da testemuña protexida
O xuíz que deixou libres seis imputados pola policía pretende pechar o caso malia as revelacións dun mozo que identifica catro presuntos homicidas e corrobora a versión dos axentes. O avogado de afeccionados galegos advirte que pedirá novas declaracións de intentarse cerrar a investigación
4 ouros para Galicia nos campionatos de España de atletismo
Ana Peleteiro, Solange Pereira, Frank Casañas e Lidia Parada gañaron as probas de triple salto, 1500 metros, disco e xavelina, respectivamente. Jean Marie Okutu foi prata en lonxitude, o mesmo que Belén Toimil en peso e Isaac Vicente en martelo.
Tour de Francia: Benvidos ao inferno
A vindeira fin de semana comeza a edición da rolda gala máis dura (ata nove etapas de montaña) e máis igualada dos últimos tempos, con Nibali, Froome, Contador e Quintana como máximos favoritos. O blog Elos e Canelas analiza as súas opcións e o percorrido.
Detidos 18 ultras do Frente Atlético, dous deles acusados do homicidio de Jimmy
A policía está convencida de que dous dos detidos este mércores, xunto aos catro encarcerados e postos en liberdade despois polo xuíz, son os autores da malleira que acabou coa vida do afeccionado deportivista.
O Dépor, un ano máis en Primeira
O equipo branquiazul mantén a categoría, con moito sufrimento, grazas ao empate acadado ante o Barça (2-2). Os branquiazuis chegaron a ter moi difícil a salvación, dous goles abaixo. Porén, os goles de Lucas (67') Salomão (76') valen a permanencia.
O Ourense Baloncesto pega primeiro (83-52)
O COB arrasou ao Breogán no primeiro partido dos play-off de ascenso á ACB. O domingo xogarase o segundo encontro, tamén na cidade das Burgas.
A policía, "estupefacta" pola liberdade dos acusados do asasinato de Jimmy
Un novo xuíz deixa libres os catro ultras do Frente Atlético que presuntamente asasinaron o afeccionado do Deportivo tras as declaracións de dúas testemuñas que, meses despois, din que o agredido non era el. Os axentes din non ter "dúbida ningunha" de que o asasinado é o que sae nas imaxes.
O #derbidomiño garante outro derbi galego en ACB 14 anos despois
Breogán e COB Ourense enfróntase desde o vindeiro venres por unha praza na elite do baloncesto estatal, onde agarda o Obradoiro. Os dous conxuntos repiten ante a final da LEB Ouro o espírito fraternal e de deportividade que impulsaron no seu último partido na liga regular.