Vero Boquete aspira agora a ser mellor futbolista do ano
A BBC sitúa entre as cinco nominadas a mellor xogadora da tempada a galega, que disputará co Frankfurt a súa segunda final da Champions consecutiva. As votacións xa están abertas e pódese apostar por ela na páxina web da canle británica.