David Lombao

Unha ducia de imaxes do espolio de Meirás

A agardada demanda da Avogacía do Estado para tentar a reversión do Pazo de Meirás ao patrimonio público pon o foco no xeito en que o ditador se fixo coa que fora residencia de Emilia Pardo Bazán. Documentación, prensa da época e imaxes na altura concibidas como propaganda do xeneral golpista retratan o que investigadores, asociacións da memoria histórica e agora tamén o Estado ven claro que foi un espolio

  1. 02

    As primeiras visitas

    Mesmo antes da súa entrega oficial ao ditador, a familia Franco xa tomara posesión oficialmente do Pazo. Así o amosa, por exemplo, esta publicación propagandística que eloxiaba unha visita ao recinto por parte de Carmen Polo, esposa do militar, no verán de 1938.

  2. 03

    A entrega oficial

    En decembro de 1938 Franco viaxou a Galicia para recibir oficialmente o agasallo. Así o recolleu, por exemplo, o xornal El Pueblo Gallego, cabeceira de marcado carácter galeguista que os golpistas interviñeran para tornalo pola forza nunha publicación franquista. Naquela visita Franco realizara toda caste de promesas, entre as que destacara "una pista" para viaxar da Coruña a Madrid "en cinco horas".

  3. 05

    Abrindo paso ao ditador

    Naquela viaxe Franco quixo deixar claro o apoio da Igrexa á súa operación política e bélica para se facer co poder. Os gardas armados ao seu servizo abríanlle paso para achegarse á Catedral compostelá, como amosa esta imaxe tamén custodiada na BNE.

  4. 06

    Saúdos fascistas á beira da estrada

    Nun clima de dura represión, a poboación agardaba nas beiravías o paso da comitiva do autoproclamado xefe do Estado camiño de Meirás. Na imaxe, dixitalizada pola BNE, en Sobrado dos Monxes.

  5. 07

    Agardando polo receptor da 'doazón'

    Naquela primeira visita triunfal a Meirás o alcumado como caudillo foi recibido por dirixentes próximos e xornalistas da prensa máis afín.

  6. 08

    Residencia de verán

    Os herdeiros do ditador seguiron a gozar do Pazo de Meirás como residencia de verán tras a súa morte. Mesmo cando a Xunta o declarou Ben de Interese Cultural, continuaron a facelo mentres, ao tempo, se resistían a permitir as visitas ás que obriga a lei.

  7. 10

    As pescudas

    Traballos de investigación como o desenvolvido por Carlos Babío e Manuel Pérez Lourenzo resultaron claves para retratar o acontecido en Meirás. Recentemente o os netos de Franco demandaron por inxurias a Babío.

  8. 11

    A mobilización

    Nos últimos anos intensificáronse os movementos políticos e legais para tentar recuperar Meirás e, ao tempo, tamén, as mobilizacións para esixir a súa devolución. Unha das máis significativas foi a ocupación simbólica desenvolvida no verán de 2017, para cuxos impulsores os Franco piden fortes penas de cárcere.