David Reinero

Unha ducia de imaxes dunha campaña electoral atípica

As campañas electorais adoitan facilitar imaxes peculiares da política, pero as medidas de prevención fronte ao coronavirus están a facer que as desta sexan aínda máis atípicas.

  1. 01

    Xatos en vez de bebés

    As imaxes tradicionais de políticos bicando bebés xa non son posibles polo coronavirus.

  2. 02

    Baño de mar en vez de baños de masas

    Os políticos xa non poden darse baños de masas, pero Galicia ten moito mar.

  3. 03

    Mitins baleiros a propósito

    Fronte a outras campañas nas que os partidos amosaban o seu orgullo porque quedase xente ás portas dos seus mitins sen poder entrar, desta volta eles mesmos buscan a imaxe da distancia social nos seus actos.

  4. 04

    Almorzo informativo na aldea

    Nada máis distanciado dos hoteis nos que adoitan facerse habitualmente que o almorzo informativo que organizou Ana Pontón na súa aldea, Chorente, en Sarria.

  5. 05

    Choque de cóbados en vez de mans

    Máscaras nas caras, mesmo cos logos e lemas dos partidos, e choques de cóbados en vez de apertas e bicos son agora os protagonistas nos mitins.

  6. 06

    Campaña en moto con ou sen máscara...

    A falta das anteriormente concorridas caravanas electorais, outro tipo de mobilidade na actual campaña ofrécea a moto... 

  7. 07

    ...ou en bicicleta

    ...pero sempre con casco como protección ademais da máscara.

  8. 08

    Visitas a obras con ou sen máscara

    Que a campaña sexa atípica non significa que os políticos no goberno renuncien a visitar obras para facer propaganda delas.

  9. 09

    Mitins que parecen vodas...

    As escenografías das arengas políticas en xardíns e espazos exteriores, algunha en establecementos que ofrecen banquetes, fan pensar nalgún caso en cerimonias matrimoniais...

  10. 10

    ...mesmo con igrexa de por medio...

  11. 11

    ...con agasallos...

    Como Feijóo na campaña de 2016, cando se fixo público que ía ser pai, tamén Pontón, nai recentemente, recibiu agasallos de simpatizantes.

  12. 12

    ...e flores

    A campaña coincidiu co aniversario, o 28 de xuño, do Estatuto de 1936 e Marea Galeguista lembrouno cun acto no que reconstruíu Galicia con flores.