A mineira de Corcoesto perde unha arbitraxe internacional co Estado polo seu proxecto en Galicia

Pancarta contraria á mina, en Corcoesto CC-BY-SA Plataforma en Defensa de Corcoesto

Edgewater, empresa promotora do polémico proxecto mineiro de Corcoesto --anulado pola Xunta hai anos-- teima na súa batalla legal e segue a bater contra un muro. Desta vez, foi o Estado español quen gañou á empresa unha arbitraxe da Comisión das Nacións Unidas para o Dereiro Mercantil Internacional (Uncitral) contra a filial que impulsou o proxecto nesta localidade de Cabana de Bergantiños. 

O Estado español gañou a Edgewater unha arbitraxe da Comisión das Nacións Unidas para o Dereiro Mercantil Internacional polo proxecto mineiro en Galicia

Mineira de Corcoesto respondeu á cancelación dos dereitos da súa filial, Mineira de Corcoesto, sobre a explotación advertindo dun suposto incumprimento dun tratado bilateral de investimentos asinado entre España e Panamá a finais dos anos 90. A causa é que quen litiga nunha das frontes contra a Xunta non é a empresa canadense nin a súa filial galega, senón Corcoesto S.A., unha empresa fundada por Edgewater no país centroamericano a través dun bufete especializado na creación de sociedades offshore como as que saltaron ás portadas polos coñecidos como 'papeis de Panamá'.

Marcha contra a mina de Corcoesto CC-BY-SA Praza Pública

Segundo o comunicado emitido por Edgewater hai tan só un sídas, e logo dunha audiencia celebrada en París en 2018, o Tribunal Arbitral rexeitou, por unanimidade, catro obxeccións xurisdicionais de España, pero confirmou --por maioría de dous contra un-- unha das fetias pola defensa do Estado, desestimando así a reclamación da mineira. 

Agora, Edgewater planea interponer un procedemento de anulación ante os tribunais franceses e continuar coa súa batalla legal. 

A mina de ouro de Corcoesto  foi un dos plan estrela na primeira lexislatura do Goberno de Alberto Núñez Feijóo e supuxo un nada desdeñable lastre económico

A mina de ouro de Corcoesto  foi un dos plan estrela na primeira lexislatura do Goberno de Alberto Núñez Feijóo e supuxo un nada desdeñable lastre económico. O propio presidente presentara a explotación proxectada pola empresa canadense Edgewater como "unha grande oportunidade" para o país que, auguraba, ía xerar 1.400 postos de traballo -a compañía reducíaos a 300-. O entusiasmo do popular traduciuse nunha aberta celebración por parte da empresa mineira cando en 2012 o PPdeG volveu vencer en Galicia por maioría absoluta, pero as inconsistencias técnicas e económicas do proxecto, unidas á fortísima mobilización na súa contra, obrigaron á Xunta a frealo. A alianza rachou e a empresa embarcouse nunha demanda contra a Administración cun impacto nas arcas públicas que xa supera o medio millón de euros. Os últimos 400.000 saíron de fondos inicialmente destinados a investigación, desenvolvemento e innovación.

Non foi a primeira vez que os gastos derivados da demanda pola mina de Corcoesto acabaron sendo sufragados con fondos inicialmente previstos para outros gastos da Xunta. Como informou este diario, no outono de 2016 a Consellería de Economía viuse na obriga de "realizar un depósito inicial de 150.000 dolares" na Corte de Arbitraxe da Haia no marco dunha demanda. Eses cartos, 150.000 euros, foron transferidos dende a partida concibida para financiar o ticket eléctrico, as axudas para pagar o recibo da luz a familias con escasos recursos económicos das que o 40% do seu orzamento acabou sufragando outros gastos da Administración. A factura da demanda de Corcoesto sumou xa, daquela, cando menos 589.316 euros.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.