A situación chegou a ser "máis que preocupante", en palabras do presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, que a media tarde alertaba de que se esgotaba a enerxía dos xeradores a situación podería ser "moi grave" e mesmo "case irreversible"
As plantas de aluminio e alúmina que Alcoa ten en San Cibrao son, como todas as que realizan a súa actividade, moi dependentes da subministración eléctrica. Non só pola súa gran necesidade de enerxía para operar con normalidade, senón porque un corte prolongado pode danar de forma irreversible as súas cubas ou provocar unha situación na que sería moi custoso e lento o regreso á actividade.
Isto estivo a piques de suceder este luns ante o corte eléctrico iniciado ás 12:32 horas e que se prolongou ata as sete da tarde. Nese tempo a situación chegou a ser "máis que preocupante", en palabras do presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, que a media tarde alertaba de que se esgotaba a enerxía dos xeradores a situación podería ser "moi grave" e mesmo "case irreversible", pois nese momento se solidificaría o material nas cubas, facendo moi difícil ou case imposible o rearranque da planta.
A enerxía regresou a última hora da tarde pero había que comprobar se todas as cubas funcionaban con normalidade. Así foi, a pesar de que o "limiar técnico de soporte" fora amplamento superado
A enerxía regresou -foi, ademais, un dos primeiros lugares de Galicia onde o fixo-, pero había que comprobar se todas as cubas funcionaban con normalidade. Así foi. A pesar de que, segundo o presidente do comité de empresa o "limiar técnico de soporte" das cubas fora amplamente superado, a situación puido ser salvada.
Dende o momento en que a subministración de enerxía foi restablecida, todos os sistemas e instalacións das días plantas foron comprobados, en especial cubas e precipitadores, para avaliar se sufriran algún dano. En principio, todas os mecanismo superaron a crise sen consecuencias graves. Durante a noite continuou o rearranque da plantas "con dificultades, pero sen fallo crítico ningún".
O comité de empresa destacou que a situación puido ser salvada "grazas á profesionalidade de todos os empregados"
A multinacional, a través dun comunicado, indicou neste senso que se estaba a "traballar para manter unha operación segura e ordenada das instalacións". Pola súa banda, o comité de empresa destacou que a situación puido ser salvada "grazas á profesionalidade de todos os empregados" e subliñando o "traballo de todo o equipo", destacando que "hai un gran cadro de persoal".