CUT e SLG rexistran unha folga de 24 horas para o 8 de marzo e CIG, CCOO e UGT, paros parciais
O preaviso de folga xeral foi rexistrado este martes en Compostela polas secretarías das mulleres da CUT e do Sindicato Labrego Galego
O preaviso de folga xeral foi rexistrado este martes en Compostela polas secretarías das mulleres da CUT e do Sindicato Labrego Galego
A Xunta revelou este luns os datos por localidades, esixidos polo PSdeG-PSOE dende o pasado mes de outubro. Sanxenxo, con 1.117 inmobles suma unha cuarta parte do total, e Santiago, Barreiros, O Grove ou Foz acumulan un número tamén importante. En varias vilas do litoral este tipo de aloxamentos xa ofrecen máis prazas que os hoteis ou pensións.
O maxistrado da Audiencia Nacional ve indicios para sentar no banco dos acusados o ex-presidente da multinacional e outros 18 directivos por maquillar a situación financeira. Tamén abre peza separada para investigar familiares seus por ocultar supostamente 4 millóns de euros en Andorra.
O paro sobe en case 5.000 persoas no mes de xaneiro pero baixa en máis de 22.000 con respecto a hai un ano. O número de afiliacións tamén aumenta en case 23.000 nos últimos doce meses pero cae na metade no comezo de 2018 malia que segue a aumentar a contratación.
O Ministerio de Enerxía anuncia que se repercutirán nos recibos dos consumidores galegos os tributos autonómicos que as compañías pagaron en 2013: o canon eólico, o de saneamento, a ecotaxa e o que afecta os encoros, que supuxeron un mínimo de 40 millóns de euros.
A maior parte da baixada do paro coa que rematou 2017 non pode explicarse coa creación de novos postos de traballo. A caída de poboación en idade de traballar consolídase como problema no mercado laboral galego, no que a difícil inserción prolonga a etapa de estudos entre unha mocidade cada vez máis escasa
O grupo ameazou con levar a produción do Corsa a outra planta e puxo como exemplo de produtividade a de Balaídos, algo que a maioría dos sindicatos ven como unha "chantaxe" que reproduce a súa negociación en 2014. Néganse a entrar na poxa por "inviable" e por apoio aos compañeiros
Burgos-Eibar (2018), Sevilla-Cádiz (2019), Tarragona-Alacante (2019), Zaragoza-Barcelona (2021) e La Jonquera-Tarragona (2021), en funcionamento dende os anos setenta ao igual que a vía galega, rematarán a súa concesión nos tres vindeiros anos. En cambio, Audasa seguirá cobrando peaxe ata o 2048.
A cifra de desemprego é a máis baixa dende 2010, pero hai unhas 85.000 persoas menos a traballar que a comezos da década. O emprego redúcese a un ritmo interanual tres veces e medio maior do da creación e emprego, o que afonda na redución do mercado laboral galego