Economía
A CIG suspende a folga xeral do 19 de xuño pola caída do goberno do PP
A central nacionalista decide suspender a convocatoria "uns meses" á espera de se o novo goberno socialista activa un calendario que cumpra coas reivindicacións coas que chamou ao paro, que é substituído por unha "xornada nacional de mobilización".
Galicia crea case 9.000 empregos en maio entre subas da temporalidade e dos contratos
O paro rexistrado descendeu en 5.595 persoas, ao tempo que medrou tamén o número de afiliados á Seguridade Social en 8.675 nun mes no que se asinaron máis de 96.000 contratos, once por cada novo traballo.
Os salarios xa só representan o 42,7% do PIB galego, fronte ao 48% de 2009
As rendas empresarias constitúen o 47,3% do PIB, catro puntos máis que hai 8 anos. UGT-Galicia destaca que "a crise trouxo consigo un claro trasvase das rendas do traballo cara aos beneficios empresariais que a recuperación económica non está a corrixir, todo o contrario"
Compostela, A Coruña e as Rías Baixas concentran o 71% do turismo en Galicia
GRÁFICOS | En 2017 aumentou un 6% o número de visitantes que fixeron noite, pero estas pernoctacións concentráronse maioritariamente nunhas áreas determinadas. A Ría de Arousa e Compostela son as comarcas cunha maior saturación turística e Arousa e Muros-Noia as zonas con maior estacionalidade
Aumenta a fenda entre os salarios máis altos e os máis baixos en Galicia
O INE publicou hoxe a Enquisa de Estrutura Salarial correspondente a 2016. Crece o salario medio en Galicia, pero aumenta a diferenza entre homes e mulleres, entre as persoas de máis idade e a mocidade e, en xeral, entre quen gaña máis e quen gaña menos.
Galicia aséntase entre os territorios con maior sinistralidade laboral no Estado
O país foi a segunda comunidade autónoma con máis accidentes graves (117) no primeiro trimestre de 2018, tras un incremento do 33%. No último ano, rexistráronse 459 percances de gravidade e 43 mortais.
Un pequeno empresario querélase por estafa contra cargos da Zona Franca de Vigo, Citroën e Copcisa por unha obra non cobrada
“Estamos na rúa porque Zona Franca non controla as subcontratas que fan as súas adxudicatarias”, di o propietario dunha firma á que a construtora encargou traballos na fábrica de automóbiles no recinto do consorcio vigués. As entidades implicadas negan irregularidades.
Os epitafios de Méndez e Gayoso
Xesús Veiga
A Audiencia Nacional condena a Inaer, empresa de helicópteros de cabeceira da Xunta, a pagar 9,3 millóns a Facenda
O grupo, que cobra cada ano uns 20 millóns do Goberno galego e do que é socio na base de drons de Rozas, “simulou” préstamos entre filiais para evitar impostos
A estafa das débedas (III)
Manoel Barbeitos
Arriva quere estrear o tren A Coruña-Porto o 17 de xullo de 2019 condicionada por obras pendentes en Galicia e Portugal
Aínda non comezaron os traballos de electrificación duns 8 quilómetros en Tui e doutros 48 entre Valença e Nine