Economía
A absorción total do Pastor culmina o esfarelamento do sistema financeiro galego
O Santander asina a fin definitiva da entidade galega, que queda sen ficha bancaria propia e sen sede social na Coruña e tan só mantén a marca de maneira provisional. O proceso suporá máis despedimentos entre o milleiro de traballadores que ten en Galicia.
Portugal adxudica unha estación de mercadorías en Valença na que formar trens máis grandes que en toda Galicia
A nova terminal “para serviço transfronteiriço de mercadorías” disporá de catro vías de manobras e sitúase a similar distancia de Vigo que o seu Porto Seco, onde aínda non se licitou a infraestrutura ferroviaria
A Xustiza dá tres meses para subir o recibo da luz en Galicia e compensar as eléctricas polo pago de impostos
O Supremo dá ata mediados do xullo ao Estado para que se cumpra coa sentenza que obriga a compensar as compañías polas taxas autonómicas pagadas en 2013, ameaza con multas e aclara que ao recargo sobre os consumidores haberá que engadirlle os intereses.
Fiscalidade regresiva
Xoán Antón Pérez-Lema
A madeira cortada o pasado ano en Galicia encheu 300.000 camións, seis de cada dez con eucalipto
O 58% das cortas foron de eucalipto e o 38% de coníferas coma o piñeiro, sumando máis de 8 millóns de metros cúbicos, segundo os datos facilitados pola Xunta. Na provincia da Coruña o eucalipto supón o 76% da madeira recollida
A estafa das débedas (I)
Manoel Barbeitos
Chega a campaña da Renda: poucas novidades e algunhas advertencias
Dende o pasado 4 de abril pode presentarse a declaración da Renda, cuxos prazos rematarán entre o 27 de xuño e o 2 de xullo. Gestha recomenda analizar todas as deducións das que dispoñen os e as contribuíntes antes de aceptar o borrador enviado por Facenda.
Ence xustifica a súa nova planta de biomasa en Lourizán coa “imparable extensión do eucalipto en Galicia”
A empresa prevé un impacto “negativo significativo” da nova construción sobre a paisaxe e “negativo non significativo” sobre o ciclo da auga
A Semana Santa deixa en Galicia 1.000 empregos e 1.600 contratos máis que en 2017
O paro descende en 3.104 persoas e o número de afiliacións á Seguridade Social sobe en 6.395 no mes de marzo, no que se creou un emprego por cada ducia de contratos asinados.
As folgas levan catro anos en niveis mínimos en Galicia
O pasado ano convocáronse 37 paros laborais, nos que participaron ao redor de tres mil traballadores e traballadoras, oito veces menos que no ano 2013. Galicia é a oitava comunidade con máis conflitividade laboral, tras Cataluña, Euskadi, Madrid, Andalucía, Navarra, Cantabria e Asturias
As voltas coas pensións públicas
Manoel Barbeitos