Teño que avisar na miña empresa de que vou facer folga? 12 preguntas e respostas sobre o 8M
Ao tratarse dunha folga pioneira, nas últimas semanas xurdiron algunhas dúbidas sobre a convocatoria de paro laboral impulsada polo movemento feminista e legalizada polos sindicatos. Todas as traballadoras asalariadas teñen dereito a facer folga de 24 horas, en calquera ámbito e empresa, sen dar aviso previo e sen recibir represalias.