Os estaleiros de Vigo "en situación crítica a pesar dos anuncios electorais", segundo a CIG
A central nacionalista alerta do perigo de que se presente un ERE en Barreras e sinala igualmente a situación en Vulcano, cuxo persoal xa sufriu un expediente de regulación de emprego e que agora está pendente dun encargo prometido durante a campaña dos comicios autonómicos.