A minoría cos soldos máis altos aumentou un 30% os seus ingresos en Galicia durante a crise
Quen antes da crise cobraban uns 3.500 euros brutos agora perciben 1.000 euros máis, quen cobraban uns 480 agora non chegan aos 430. O devalo dos soldos máis baixos chegou ata o 16% e os salarios medios pasaron de subir levemente a baixar un chisco.