Economía
"O problema da débeda ten unha solución política, é unha cuestión de relación de forzas"
Falamos con Iolanda Fresnillo, integrante da Plataforma Auditoría Cidadá da Débeda, que este sábado intervirá nas xornadas que AGEe organiza en Compostela
Senra reclama unha auditoría da débeda pública para determinar que parte é ilexítima
Compostela acolle este sábado unha xornada de debate, organizada por AGEe, que analizará os efectos da débeda e as alternativas dispoñibles. Intervirá o belga Éric Toussaint, un dos referentes mundiais nesta cuestión
Cumpriranse esta vez as previsións do Plan Estratéxico da Xunta?
Este martes e mércores debateuse no Parlamento o Plan Estratéxico da Xunta para o período 2015-2020, con previsións económicas moi optimistas para os vindeiros catro anos, despois de que os obxectivos fixados no Plan 2010-14 se saldasen cun rotundo fracaso.
Os sesenta mileuristas aos que Facenda lles encarga facerche a declaración da renda
CSI-F reclama que as 900 persoas do cadro fixo-discontinuo que se incorporan á Axencia Tributaria para a campaña da renda consoliden os seus postos e asuman labores de "xestión, recadación e loita contra a fraude" o resto do ano
Dous de cada tres concellos galegos reduciron a súa débeda o pasado ano
Os Blancos (2.719 euros) e Catoira (1.370) son as dúas localidades con máis débeda por habitante. Pola contra, ao redor dun cento de concellos non teñen números vermellos e só 23 os incrementaron en 2015. Consulta os datos da túa vila.
Fandicosta "garante" o emprego do persoal tras o incendio que arrasou a súa factoría en Moaña
A empresa pesqueira valora solicitar un ERE temporal para a parte da fábrica destruída polo lume, que tardou máis de catro horas en poder ser controlado.
O SLG pide ao Estado que investigue a compra a perdas do 80% das granxas galegas
Achega documentación para que o Goberno central abra investigación e presente denuncia ante Competencia polas prácticas "abusivas" das industrias en Galicia, onde a maioría dos gandeiros venden entre 5 e 10 céntimos por baixo dos custos de produción.
O Estado cuestiona a constitucionalidade do artigo da Lei do Solo que limita a cesión de terreos aos concellos
A nova norma establece excepcións ao 10% dos aproveitamentos urbanísticos ao que as administracións locais teñen dereito. Xunta e o Goberno central iniciarán negociacións para solucionar o conflito
A Xunta privilexia a Microsoft nun macrocontrato para mercar ata 6.000 ordenadores
A Axencia de Modernización Tecnolóxica inicia os trámites para acordar con diversas empresas o subministro de sete lotes de produtos informáticos por máis de 5 millóns. Todos os ordenadores deben ter instalado Windows, sen posibilidade de alternativa.
Debedas públicas, debedas privadas: unha enorme estafa
Manoel Barbeitos
O sector servizos absorbe o 60% da habitual baixada do paro en abril
O desemprego descende en 3.644 persoas impulsado pola contratación temporal na hostalería. O mercado laboral segue a minguar ao incrementarse o número de cotizantes en 2.700 persoas menos do que baixa o paro no último ano.