A gran cooperativa láctea sumará xa máis socios antes de botar a andar en 2017
Varias sociedades están "ás portas" de integrarse no grupo impulsado por Feiraco, Xallas, Os Irmandiños e Melisanto para iniciar a actividade conxunta en xaneiro.
Varias sociedades están "ás portas" de integrarse no grupo impulsado por Feiraco, Xallas, Os Irmandiños e Melisanto para iniciar a actividade conxunta en xaneiro.
Integraranse nunha cooperativa de segundo grao para gañar "competitividade e eficiencia". A súa produción conxunta supón o 20% de toda Galicia e sumarán 4.240 socios e uns 430 traballadores. O acordo volve facer agromar a eterna aspiración do gran grupo lácteo galego.
A entidade bancaria prevé prescindir de 435 persoas, un de cada catro empregados en Galicia. Arredor de 200 concentráronse en Compostela contra unha recorte de persoal que consideran "desproporcionado".
O tempo medio de permanencia nunha compañía dos traballadores novos apenas alcanza os 24 meses e queda en 12 no caso dos que empezan a vida laboral. Os míseros primeiros salarios acentúanse entre as mulleres, con 677 euros brutos de media.
Entre o 80 e o 100 por cento das traballadoras e traballadores, segundo os sindicatos, secundaron o paro xeral convocado no sector para esixir un convenio colectivo máis xusto.
Case 375.000 traballadores en Galicia non está nin tan sequera doce meses seguidos con emprego. Unhas 60.000 persoas traballan todo o ano pero non superan os 10.000 euros anuais brutos en salario.
Os datos do IGE revelan que máis do 12% das familias se atopan nesa situación, un incremento de case tres puntos con respecto ao trimestre anterior. A confianza do consumidor tamén descendeu nos últimos tres meses.
Xulio Ferreiro solicitou unha xuntanza coa empresa e con Movistar para buscar alternativas ao ERE que pode deixar na rúa 205 persoas na Coruña. A compañía amosouse inflexible na xuntanza mantida cos sindicatos
O paro rexistrado aumenta en 1.291 persoas en setembro, pero o número de afiliados á Seguridade Social cae en máis de 6.000. O desemprego increméntase no sector servizos pero cae na construción e na agricultura.
O importe medio que se lle paga aos gandeiros increméntase un chisco por primeira vez neste ano, pero queda nos 27,2 céntimos en Galicia, que segue a ser a autonomía cos peores rexistros. O país perdeu 46 granxas no mes de agosto e 369 no que vai de 2016.
O uso do transporte público é practicamente residual, empregado tan só polo 5% da poboación, mesmo nas cidades. Dende o 2011 a súa utilización mesmo se reduciu, ao tempo que se incrementaban os desprazamentos en vehículos a motor privados