O sector do mar rebélase contra o intento de invadir as competencias galegas en acuicultura
Sindicatos, colectivos de bateeiros/as e mariscadores/as e outras entidades presentaron este xoves alegacións ao borrador de decreto de ordenación do espazo maritimo, elaborado polo Goberno central en funcións. Denuncian que o proxecto busca introducir a piscicultura masiva e industrial