Salario Mínimo: só 14 euros máis en 5 anos
O incremento do 1% para o 2016, anunciado este martes polo Goberno, implica unha suba de 6 euros mensuais, ata os 655 (en 14 pagas), fronte os 641 de 2011. O IPREM, referencia para a concesión de axudas sociais, seguirá conxelado por quinto ano consecutivo.