Facenda pon atrancos nas axudas para a incorporación ao agro da xente moza
Máis de 600 mozos e mozas aséntanse no agro ao abeiro de subvencións polas chegan a tributar até un terzo do recibido. A Axencia Tributaria considéraas ganancia patrimonial e impide ratear os impostos. O SLG pide á Xunta que tome medidas até lograr a exención fiscal destas achegas.