Economía
Galicia ten 25.000 empregos menos tras catro anos de reforma laboral
Tras catro anos de reforma descendeu o paro pero tamén o emprego e as persoas ocupadas a xornada completa son 37.300 menos e a xornada parcial, 12.800 máis. Os únicos contratos que descenderon entre 2012 e 2015 foron os indefinidos.
O Espolio de Galicia: os Fondos Europeos e o caso Feder
Diego Sande Veiga
Euskadi únese a Castela-A Mancha na recuperación das 35 horas para os funcionarios
En Galicia os sindicatos da función pública tamén reclamaron a modificación nunha medida (o incremento de 35 a 37,5 horas) decretada pola Lei de Orzamentos de 2012.
O 'catastrazo' que engade incerteza ao rural galego
As instalacións agrarias pasan agora a incluírse no IBI. Cortes, invernadoiros e alboios que estaban exentos pagarán a contribución, medida que se une á revisión catastral que regulariza vivendas e aumenta valoracións. UUAA pide aos concellos a taxa mínima e bonificacións fiscais.
43 comarcas perderon máis de 1 de cada 10 empregos dende a chegada de Feijoo
Galicia ten un 8,82% menos de traballadores e traballadoras que en xuño de 2009. Na maior parte do territorio a destrución foi moito maior, sobre todo en zonas rurais. Destaca tamén a situación de Barbanza, Salnés, O Ribeiro ou Celanova.
Tragsa: entre os 77 despedimentos e o soldo de 190 mil euros do seu presidente
Persoal da empresa pública concentrouse este mércores ante o Parlamento pedindo a readmisión dos traballadores e traballadoras que en Galicia poden perder o seu emprego polo ERE e denunciando a xestión da compañía con algúns dos directivos mellor pagados do sector público.
Máis dunha explotación láctea pechada ao día e dez céntimos por litro menos que hai dous anos
As últimas estatísticas sobre o sector en Galicia revelan unha situación extrema que non dá arranxado o acordo asinado en setembro. Lactalis comprométese a trasladar a suba dos prezos aos gandeiros tras as ameazas de boicot por parte da Plataforma na Defensa do Sector Lácteo.
O sector primario achega aínda o 15% dos empregos en 19 comarcas
Agricultura, gandaría e pesca xa só ocupan o 6.4% dos traballadores e traballadoras galegas, pero nunha parte do país seguen tendo un peso moi significativo na economía e no emprego
A Xunta inxecta outros 31 millóns para salvar Xestur da quebra
Dende que en 2014 se fusionaron os catro entes provinciais de xestión do solo, o Goberno transferiu 94 millóns de euros á empresa pública, que acumula unha débeda de 200 millóns e dous millóns de metros cadrados de solo industrial sen vender.
Galicia destruíu en xaneiro case o 80% do emprego creado en 2015
O paro rexistrado aumentou en 7.639 persoas en xaneiro e a galega foi a terceira comunidade onde máis se incrementou. O país perdeu no pasado mes 15.240 afiliados á Seguridade Social logo de gañar preto de 20.000 en 2015.
Galicia precisa 120.000 empregos máis para igualar os que atopou Feijóo ao chegar á Xunta
O país destruíu máis de 120.400 postos de traballo, ten 56.000 parados máis e 64.000 activos menos que cando o PP recuperou a Xunta hai case sete anos. A comunidade autónoma perde aos poucos o diferencial positivo que mantiña coa media do Estado.