Economía
O naval ferrolán demanda carga de traballo con fachos acesos e unha vixilia
Centos de traballadores de Navantia participan, baixo a chuvia, nun novo acto reivindicativo, coincidindo co inicio da campaña electoral, esixindo solucións á crise pola que atravesa o sector na comarca.
A poboación parada galega sen prestación aumentou en 8 puntos dende 2011
Case a metade dos desmpregados galegos non cobra prestación ningunha, o 47% fronte ao 39% de hai catro anos, malia que o paro rexistrado só baixou en 28.000 persoas. Hai moita máis xente en paro percibindo un subsidio que unha contributiva: 8.200.
Galicia perdeu 25.000 empregos durante os catro anos de Rajoy na Moncloa
O paro sobe en Galicia en máis de 3.000 persoas en novembro mentres baixa no Estado e o número de afiliados á Seguridade Social caeu en máis de 2.000. Durante a lexislatura do PP, o desemprego rexistrado baixou en case 30.000 pero perdéronse máis de 25.000 cotizantes.
Con máis cartos, máis felices
O IGE sinala unha correlación directa entre o nivel de ingresos e o grao de satisfacción dos galegos e galegas coas súas vidas e tamén coa percepción do seu estado de saúde.
Iberdrola manipulou as súas centrais no Sil para subir o prezo da luz
A CNMC sanciona a eléctrica con 25 millóns de euros porque " "consciente da existencia dun escenario de elevada", decidiu "retirar unha capacidade de produción" das súas centrais para así "elevar o prezo do mercado
O necesario comercio de proximidade
Xoán Antón Pérez-Lema
Tan só un de cada quince mozos galegos en paro percibe algunha prestación
A taxa de protección dos desempregados en Galicia é do 26,8%, tres puntos menos que no trimestre anterior, 12 menos que hai catro anos e máis de un punto inferior á media estatal. Hai case 163.000 parados no país que non reciben prestación ningunha.
As eléctricas aproveitan o mercado libre para elevar un 30% as súas marxes de beneficio
As empresas non lles aplicaron aos seus clientes as caídas no custe de xeración de enerxía e coa desaparición -o ano pasado- da tarifa de último recurso eliminouse tamén o prezo máximo de referencia. O prezo da electricidade para os e as consumidoras creceu un 83% dende o 2003.
A fábrica de armas da Coruña queda sen vixilancia e Defensa paraliza a súa produción
O Ministerio veta temporalmente a produción de armamento na factoría coruñesa logo de que se suspendese o servizo de seguridade ante os impagos da concesionaria Hércules de Armamento á subcontrata Segur Ibérica, que denuncia débedas de medio millón de euros
O escándalo das 'preferentes' do Popular consúmase e atrapa 1.500 galegos
Milleiros de afectados en todo o Estado ven como desde este 25 de novembro o seu investimento en bonos convertibles vira en perdas de ata o 80%. Os xuíces ditaminan contra o banco por falta de transparencia, produto complexo e un perfil de cliente sen formación, semellante aos preferentistas.
Galicia perdeu máis do 20% das horas de traballo desde que Feijóo chegou ao Goberno
A destrución de emprego é maior e máis intensa ca no conxunto do Estado, segundo a análise de Enrique Negueruela, que inicia unha serie na que debulla os orzamentos e a situación laboral en Galicia. O sector primario perdeu máis da metade das horas traballadas desde 2008.