Publicados os modelos dos exames da selectividade para Galicia, adaptados ás mudanzas no número de preguntas e opcións por mor do coronavirus. Pódense consultar xa no sitio web da Comisión Interuniversitaria de Galicia. A selectividade, adiada a causa da pandemia, está fixada agora do 7 ao 9 de xullo.
Fálase
PharmaMar anuncia o inicio do ensaio clínico con Aplidin para o tratamento de pacientes con coronavirus, que xa foi autorizado polo Ministerio de Sanidad. O obxectivo é avaliar a eficacia e a seguridade da plitidepsina en doentes con covid-19 que precisen ingreso hospitalario.
Avistado dende varias localidades galegas o que semellaba un meteoro a desintegrarse no ceo e era, realmente, un fragmento dun foguete Soyuz. GCiencia está a ofrecer datos sobre o acontecido (Imaxe: GCiencia, tirada de @Canaan_1983 e @Anton1BL)
EPA | Galicia perdeu 13.000 postos de traballo durante o primeiro trimestre do ano e a poboación en desemprego aumentou en 11.000 persoas. O paro queda en 156.800 persoas, 2.900 máis que un ano antes, e as persoas ocupadas son agora apenas 2.800 máis que no primeiro trimestre de 2019. Os detalles para Galicia da Enquisa de Poboación Activa que vén de coñecerse, neste espazo de Praza.gal
O BOE publica os sectores aos que se aplica a moratoria no pagamento de cotas na Seguridade Social polo coronavirus. Entre eles figuran os de alimentación que permanecen abertos e outros como clínicas odontolóxicas ou negocios de artes gráficas. Civio resume o contido da orde.
O Concello da Coruña decreta loito oficial polas persoas falecidas a causa do coronavirus para o día 4 de maio. "A medida foi adoptada por unanimidade de todos os grupos políticos da corporación", informou a alcaldesa, Inés Rey, tras a Xunta de Portavoces celebrada este luns. Rey resalta que ata agora "faleceron 114 persoas na área sanitaria da Coruña" pola covid-19. Na imaxe, bandeiras da media hasta no Pazo de María Pita.
Profesionais de diversos sectores culturais conversarán todos os luns desde as súas casas nos Diálogos confinados que organiza o Consello da Cultura Galega. O primeiro, sobre arqueoloxía e guiado por Manuel Gago, conta con María José Bóveda e Francisco Alonso Toucido.
A cifra diaria de mortos por coronavirus en España baixa das 300 por primeira vez nun mes ao rexistrar 288 nas últimas 24 horas.
Meteogalicia prevé ceos cubertos pola mañá, coa posibilidade dalgún orballo, e apertura de claros para a tarde, con chuvascos illados e ocasionais para este domingo. Os ventos soprarán frouxos e as temperaturas serán agradables.
O Goberno central permitirá a actividade física e os paseos a partir do 2 de maio "se a pandemia segue este ritmo". Anunciouno Pedro Sánchez na súa comparecencia deste sábado ante os medios. Ademais, advirte dunha "desescalada asimétrica e gradual", por territorios e actividades pero "coordinada". O plan para esta flexibilización das medidas será presentado o martes logo do Consello de Ministros.