O Parque Natural de Corrubedo, afectado por un incendio que acadou as 70 hectáreas, segundo a Xunta. O Goberno galego di que o lume comezou pouco despois da media noite e que quedou "estabilizado" ás once desta mañá. O risco de incendio é hoxe extremo na maioría de Galicia.
