Varios tremores de terra atinxiron á provincia de Ourense nos últimos tres días. O máis intenso, esta noite, acadou unha intensidade de 3,3 e tivo o seu epicentro en Cartelle, segundo datos do IGN.
Fálase
Un incendio queima "en torno a unhas 35 hectáreas" no concello ourensán de Cenlle. Segundo Medio Rural, as tarefas de extinción evolucionan "favorablemente". Tamén se produciron nas últimas horas outros incendios noutros puntos do país, se ben a Xunta non ofrece detalles ao respecto. (Imaxe: CSIF Forestais)
O PP logra a absolución no xuízo pola destrución dos ordenadores de Luis Bárcenas ao non ver delito na conduta do partido. Informa eldiario.es
A Junta de Andalucía, gobernada por PP e Ciudadanos, anuncia subvencións para dar clases de castelán a persoas de orixe andaluza que reciban o ensino en galego, euskera ou catalán en autonomías onde son oficiais. Segundo o aprobado, a intención é que os "afectados por procesos de inmersión lingüística" eviten o "abandono das súas raíces culturais". En Galicia a Junta ten inscritas dúas comunidades andaluzas con algo menos de 1.000 persoas asociadas, segundo os seus últimos datos.
O DOG publica a declaración como Ben de Interese Cultural das nove esculturas do Mestre Mateo da antiga portada occidental da Catedral de Santiago, entre elas as de Abraham e Isaac que continúan nas mans dos herdeiros de Franco. Esta declaración BIC obriga a amosalas ao público.
As persoas inscritas no Movemento 5 Estrelas aproban a formación dun goberno de coalición co Partido Democrático, con Giuseppe Conte como primeiro ministro
O goberno de Boris Johnson perde a maioría no Parlamento británico ao cambiar de partido un deputado. A alianza de oposición e tories pode deter as intencións dun Brexit duro do primeiro ministro logo da deserción de Philip Lee.
Sánchez ve "inviable" a coalición con Podemos e a cambio ofrece unha "tripla garantía" sobre o cumprimento dun programa conxunto de Goberno. Iglesias sinala que o documento proposto polo PSOE "soa ben" e que "hai marxe para o entendemento", pero pide negocialo xunto a un Goberno de coalición
A Baña, Mazaricos, Santa Comba e Mesía inauguran os primeiros "pasos de vaca" permanentes. O ano pasado a cidade a Coruña acolleu de forma temporal esta iniciativa, que reivindica a importancia do sector leiteiro en Galicia
O paro aumentou en agosto en Galicia en 2.899 persoas, ata chegar ás 153.820. Ademais, descendeu en 582 o número de traballadores/as afiliados/as á Seguridade Social, ficando a cifra total en 1.036.900.