Este domingo Feijóo desvela o goberno do seu terceiro mandato. Só 18 dos 62 altos cargos do seu "goberno estable" seguen no posto desde 2009.
Fálase
O BNG denuncia que Augas de Galicia beneficia a concellos do PP. Salienta que 57 dos 66 últimos convenios asinados pola entidade van parar a municipios gobernados polos populares.
Este domingo ábrese a campaña da centola e do boi na Coruña e Pontevedra. Na costa de Lugo iniciarase o 4 de decembro.
Lores-Ironman fronte a Rueda-Thor nun calendario benéfico da Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra. Políticos da cidade prestan a súa imaxe para montaxes que os presentan como superheroes.
Rajoy busca o apoio dos nacionalistas vascos para sacar os Presupostos adiante. Ao PP bástalle o respaldo de PNV, Ciudadanos e Coalición Canaria para aprobar as contas de 2017.
O BOE publica o decreto polo que se nomea a Feijóo presidente "de la Junta de Galicia". No DOG aparece Xunta de Galicia.
Os ex-conselleiros Elena Muñoz e Javier Guerra e a ex-delegada da Xunta Lucía Molares loitarán por liderar o PP de Vigo e evidencian a división do partido a nivel local logo do fracaso da primeira nas municipais do ano pasado.
Ramón Espinar vence a Rita Maestre á fronte de Podemos Madrid. O senador sobreponse á polémica pola compra e venda dun piso protexido e afianza a Pablo Iglesias fronte a Íñigo Errejón
En marcha en Santiago a homenaxe a Camilo Nogueira por toda a súa traxectoria política, sobre a que reflexiona nesta entrevista. O máis destacado do acto, en Praza. (Imaxe: @anamirandapaz)
Arquivada unha das pezas do caso Pokémon que atinxía o ex-alcalde socialista de Ourense, Francisco Rodríguez. O xuíz conclúe que tres dos delitos imputados están prescritos e non atopa indicios dos outros dous que si apreciaba Pilar de Lara. Cóntao El Progreso