Os ex-conselleiros Elena Muñoz e Javier Guerra e a ex-delegada da Xunta Lucía Molares loitarán por liderar o PP de Vigo e evidencian a división do partido a nivel local logo do fracaso da primeira nas municipais do ano pasado.
Fálase
Ramón Espinar vence a Rita Maestre á fronte de Podemos Madrid. O senador sobreponse á polémica pola compra e venda dun piso protexido e afianza a Pablo Iglesias fronte a Íñigo Errejón
En marcha en Santiago a homenaxe a Camilo Nogueira por toda a súa traxectoria política, sobre a que reflexiona nesta entrevista. O máis destacado do acto, en Praza. (Imaxe: @anamirandapaz)
Arquivada unha das pezas do caso Pokémon que atinxía o ex-alcalde socialista de Ourense, Francisco Rodríguez. O xuíz conclúe que tres dos delitos imputados están prescritos e non atopa indicios dos outros dous que si apreciaba Pilar de Lara. Cóntao El Progreso
As redes sociais recollen un bo número de incidentes, ameazas e ataques racistas, machistas e homófobos que se veñen sucedendo nos Estados Unidos dende a confirmación da vitoria de Trump nas eleccións do pasado martes
A viguesa Irene Garrido, ex-presidenta do ICO, será secretaria de Estado de Economía e Apoio á Empresa, número 2 de Luis de Guindos no Ministerio de Economía
El Diario debulla algunhas das primeiras medidas que podería adoptar Trump unha vez sexa investido presidente: paralizar a redución das emisións contaminantes, poñer fin a tratados de libre comercio vixentes (TPP, NAFTA) e futuros (TTIP), suspender o programa de acollida de refuxiados sirios ou penalizar comercialmente a China
Leonard Cohen morreu esta noite aos 82 anos de idade, segundo se comunicou a través da súa conta de Facebook que non ofreceu máis detalles. O cantautor canadense viña de publicar un album, You want it darker, con excelentes críticas e continuas referencias á morte nas súas letras.
O 52% das novas sobre a comunidade xitana publicadas en Galicia trasladan unha “imaxe negativa”, segundo o informe que edita anualmente a Unión Romaní e que foi presentado este xoves en Pontevedra. Os enfoques negativos na nosa comunidade foron moi superiores á media española (19%). Juan de Dios Ramírez-Heredia, presidente da entidade, incidiu na importancia de “cambiar a mentalidade dos comunicadores”
Galicia gaña relevancia na CPLP. O Igadi analiza a incorporación do Consello da Cultura Galega á Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa como observador consultivo. O novo Igadi Paper pódese consultar nesta ligazón.