Disquecool analiza como os textos longos volven ser lidos en internet grazas ás novas ferramentas: De como internet matou o xornalismo para despois salvalo

Disquecool analiza como os textos longos volven ser lidos en internet grazas ás novas ferramentas: De como internet matou o xornalismo para despois salvalo
Mas pretende que o referendum e as eleccións anticipadas coincidan o 9-N, segundo adianta El Mundo. Cataluña votaría así legalmente aínda que o TC suspendese a consulta.
O novo auto da Operación Orquesta, ditado pola Audiencia Provincial da Coruña, devolve o proceso á fase de instrución, e podería adiar a súa resolución varios anos.
A Plataforma Galega pola Defensa do Dereito ao Aborto convoca actos este domingo, Día Internacional dos dereitos sexuais e reprodutivos. Na Coruña (Campo da Leña), Vigo (Alameda de Bouzas), Compostela (Praterías), Ferrol (Cantón) e Ourense.
Concello de Vigo, Xunta e Universidade asinan o convenio para a rehabilitación no Berbés de tres edificios que acollerán un Centro de Linguas e unha sede institucional da Uvigo
A USC preséntalle á Xunta un plan de axuste económico para acabar en seis anos co seu actual déficit, cifrado en 16 millóns de euros. Prevé amortizar 200 vacantes por xubilación até 2018. Ademais, prescindirá de asociados, interinos e cargos académicos
Ao redor de 300 persoas están encausadas en España por participar en piquetes. Os sindicatos preparan actos en defensa da folga para o vindeiro 8 de outubro
O emprego foi a prioridade manifestada pola maioría das 55.000 persoas que realizaron achegas aos orzamentos participativos da Deputación de Lugo. As infraestruturas e as políticas sociais son as outras dúas áreas máis reclamadas.
O xuíz Vázquez Taín presenta un libro sobre a desaparición dunha rapaza no primeiro aniversario do presunto asasinato da nena compostelá Asunta Basterra. Na novela o maxistrado utiliza nomes reais de investigadores. Recólleo El País
A Deputación da Coruña destinou case 50.000 euros a carteis publicitarios da Vuelta Ciclista a España, segundo recolle este luns o Boletín Oficial da Provincia. A Xunta puxo 300.000 euros para a derradeira tirada da carreira, celebrada en Santiago.