Concello de Vigo, Xunta e Universidade asinan o convenio para a rehabilitación no Berbés de tres edificios que acollerán un Centro de Linguas e unha sede institucional da Uvigo
Fálase
A USC preséntalle á Xunta un plan de axuste económico para acabar en seis anos co seu actual déficit, cifrado en 16 millóns de euros. Prevé amortizar 200 vacantes por xubilación até 2018. Ademais, prescindirá de asociados, interinos e cargos académicos
Ao redor de 300 persoas están encausadas en España por participar en piquetes. Os sindicatos preparan actos en defensa da folga para o vindeiro 8 de outubro
O emprego foi a prioridade manifestada pola maioría das 55.000 persoas que realizaron achegas aos orzamentos participativos da Deputación de Lugo. As infraestruturas e as políticas sociais son as outras dúas áreas máis reclamadas.
O xuíz Vázquez Taín presenta un libro sobre a desaparición dunha rapaza no primeiro aniversario do presunto asasinato da nena compostelá Asunta Basterra. Na novela o maxistrado utiliza nomes reais de investigadores. Recólleo El País
A Deputación da Coruña destinou case 50.000 euros a carteis publicitarios da Vuelta Ciclista a España, segundo recolle este luns o Boletín Oficial da Provincia. A Xunta puxo 300.000 euros para a derradeira tirada da carreira, celebrada en Santiago.
Curtocircuíto dedicaralle ao novo director portugués Gabriel Abrantes a segunda das súas restrospectivas. Será na sección Pulsar, dedicada aos realizadores emerxentes.
Apple vendeu dez millóns de unidades do iPhone 6 na súa primeira fin de semana nas tendas, mellorando o lanzamento do iPhone5, que distribuíra nove millóns no mesmo prazo.
Pablo Iglesias aposta por que Podemos non se presente ás municipais e apoie plataformas cidadás como as mareas ou Ganemos. O núcleo forte da formación si quere que a organización concorra ás autonómicas.
Mallandroid, o medio galego de referencia sobre Android, lanza un plan de micromecenado para pedir a colaboración económica da súa audiencia. Pódese colaborar con eles dende 3 euros. Na súa web explican como facelo